Prexuízo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Correccións lingüísticas. Axustes de estilo.
m →‎Prexuízos excluíntes: Arranxos varios
Liña 28:
Como na [[persecución]], a persoa que actúa cunha crenza prexuizosa cre na maldade ou bondade do outro e na [[xustiza]] do razoamento propio. Na maior parte dos casos, dáse por feito que existe unha inferioridade natural ou xenética no grupo segregado, ou ben unha circunstancia calquera que establece a inferioridade dos seus integrantes. Tamén é común que se poña un acento nas [[Cultura|diferenzas culturais]], o que explicaría a inferioridade ou superioridade dos outros. O feito concreto é que, por medio dunhas ou outras escusas, sempre hai unha avaliación xenérica da persoa afectada. Por exemplo, o prexuízo de que o pobo español é "bruto e ignorante" ten unha clara raíz inglesa. A gran influencia cultural británica nas clases dominantes de España despois da [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] instalou en [[España]] o mesmo prexuízo. Tan forte foi ese sermón negativo, que os propios españois terminaron por crelo.
 
Ter unha visión politicamente impopular non constitúe en si un prexuízo, e non todas as visións politicamente populares están libres de prexuízo. Cando se aplican aos grupos sociais, os prexuízos xeralmente refírense aos [[Sesgo cognitivo|rumbos]] existentes cara aos membros deses grupos, con frecuencia baseados en [[estereotipo]]s, e na súa forma máis extrema convértense na negación inxusta dos beneficios e dereitos deses grupos ou, á inversa, no favorecemento inxusto doutros. Durante o [[século XIX]] e principios do [[século XX]] a maior parte dos [[empresario]]s consideraban que os seus [[Obreiro|obreirosobreiro]]s eran vagos, sucios, inmorais e sanguinarios, no cal se xustificaba plenamente a [[oligarquía]], para explotar o [[proletariado]] sen remorsos.
 
== Na ciencia ==