Dinís de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 31:
|firma =
|escudo = Shield of the Kingdom of Portugal (1248-1385).png
|lema = <small><small>Escudo de armas de D. Dinís</small></small>
}}
 
'''Dinís de Portugal''', nado o [[9 de outubro]] de [[1261]] en [[Lisboa]]{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=184}} e finado o [[7 de xaneiro]] de [[1325]] en [[Santarém, Portugal|Santarém]], foi rei de [[Portugal]], fillo de [[Afonso III de Portugal|Afonso III]] e da súa segunda esposa, [[Beatriz de Castela (1293-1359)|Beatriz de Castela]], sendo, por tanto, neto de [[Afonso X]] de [[coroa de Castela|Castela]]. Sucedeu o seu pai no trono de [[Reino de Portugal|Portugal]] en [[1279]].
 
Intitulábase nos diplomas que outorgou durante o seu reinado como ''Dom Denis, pella graça de Deus, Rei de Purtugal e do Algarue'', e así consta no foro (carta de poboamento) concedido a [[Rebordãos]] o 18 de maio de 1285,{{Harvnp|Rodrigues Santana|2008|p=41-42}} así como noutros documentos. Neto de [[Afonso X]] de [[coroa de Castela|Castela]].
 
Foi o sexto [[Lista de reis de Portugal|rei de Portugal]]. Alcumado ''o Labrador'' ou ''o Rei-Agricultor'', polo impulso que deu no reino a aquela actividade, e aínda, ''o Rei-Poeta'' ou ''o Rei-Trobador'', dado que, grande amante das artes e das letras, foi un famoso [[trobador]] que cultivou as [[Cantiga de Amigo|cantigas de amigo]], de [[Cantigas de amor|amor]] e de [[Cantiga de escarnio e maldicir|escarnio e maldicir]], contribuíndo no desenvolvemento da [[trobador|poesía trobadoresca]] na [[Península Ibérica]]. Algúns pensan que foi o primeiro monarca portugués verdadeiramente alfabetizado, asinando sempre co nome completo.<ref name=">{{cita web |url=http://web.archive.org/web/20040716113450/www.instituto-camoes.pt/cvc/bvc/bibbreve/019/bib19.pdf |edición=[[Instituto Camões]] |formato=PDF |obra= |autor= |título=Para a história da literatura popular portuguesa |data= |dataacceso= 08-09-2016}}</ref> Impulsou a tradución de moitas obras para o portugués, entre elas os tratados do seu avó Afonso X, o Sabio.
 
En [[1282]] casou coa [[infanta]] [[Isabel de Aragón]], que sería coñecida como a ''Raíña Santa''. Ao longo dos 46 anos do seu reinado foi un dos principais responsábeis da creación da identidade nacional portuguesa, e o albor da conciencia de Portugal en canto [[Estado|estado nación]]. En [[1297]], despois da conclusión da [[Reconquista]] polo seu pai, definiu as fronteiras de Portugal no [[tratado de Alcañices]] con [[Reino de Castela|Castela]]. Realizou relevantes reformas xudiciais, instituíu a [[lingua portuguesa]] como [[lingua oficial]] da corte, creou a primeira Universidade portuguesa, liberou as [[Orde militar|Ordes militares]] no territorio nacional das influencias estranxeiras e proseguiu o sistemático crecemento do centralismo rexio. A súa política centralizadora foi articulada con importantes accións de fomento económico, como a creación de inumerábeis concellos e feiras. D. Dinis ordenou a explotación de minas de cobre, prata, estaño e ferro, e organizou a exportación da produción excedente para outros países europeos. En [[1308]] asinou o primeiro acordo comercial portugués con [[Inglaterra]]. En [[1312]] fundou a [[Armada (mariña)|Mariña]] portuguesa, nomeando o primeiro almirante de Portugal, o [[Xénova|xenovés]] [[Manuel Pessanha]] (Emanuele Passagno, en [[lingua italiana|italiano]]),<ref>[http://www.treccani.it/enciclopedia/pessagno_(Enciclopedia-Italiana) Pessagno] na Enciclopedia italiana en liña. {{it}}.</ref> <ref>[http://www.treccani.it/enciclopedia/emanuele-pessagno/ Emanuele Pesano] na Enciclopedia italiana en liña. {{it}}.</ref> e ordenando a construción de [[dársena]]s e [[molle]]s.
 
Entre [[1320]] e [[1324]] houbo unha [[guerra civil]] entre o rei e seu fillo, o futuro [[Afonso IV de Portugal]]. Este xulgaba que o pai pretendía legar o trono a [[Afonso Sanches]], o seu irmán bastardo. Nesta guerra, o rei contou con pouco apoio popular, pois nos últimos anos do reinado deu grandes privilexios aos [[nobres]]. O [[infante]] contou co apoio dos concellos. A pesar dos motivos da revolta, esta guerra foi no fondo un conflito entre grandes e pequenos. Despois da súa morte, en [[1325]] foi sucedido polo seu fillo lexítimo, Afonso IV, a pesar da oposición do seu favorito, o fillo natural Afonso Sanches.
 
== Accións de goberno ==
 
Como herdeiro da coroa, D. Dinís dende moi cedo implicouse nos aspectos de gobernación polo seu pai. Á data da súa subida ao trono, Portugal estaba en conflito coa [[Igrexa católica]]. D. Dinís procurou normalizar a situación asinando un tratado co [[Nicolao III, papa|papa Nicolao III]], onde xuraba protexer os intereses de Roma en Portugal. Salvou a [[Orde do Temple]] en Portugal a través da creación da [[Orde de Cristo]], que herdou os bens dos [[templario]]s en Portugal despois da súa extinción.
Liña 54:
D. Dinís foi esencialmente un rei administrador e non guerreiro. En [[1296]], a raíña de [[Reino de Castela|Castela]] [[María |s con romper os acordos establecidos entre ambos os reinos en [[1295]], se persistía nos seus ataques á [[coroa de Castela]], así como se o soberano portugués continuaba apoiando o [[infante]] [[Xoán de Castela, señor de Valencia de Campos|Xoán de Castela]], que se proclamara rei de [[Reino de León|León]]. Ante as ameazas da raíña, don Dinís aceptou retirarse da coroa de Castela en 1296, non sen antes apoderarse de [[Figueira de Castelo Rodrigo|Castelo Rodrigo]], [[Alfaiates]] e [[Sabugal]], territorios pertencentes a [[Sancho de Castela "o da Paz"]], neto de [[Afonso X de Castela]].<ref>{{cita libro | apelidos = Benavides | nome = Antonio | enlaceautor =
| coautores = | editorial = Madrid: Imprenta de Don José Rodríguez | editor = | título = Memorias de Don Fernando IV de Castilla
| url = http://books.google.es/booksid=VLIGAAAAQAAJ&printsec=frontcover&dq=memorias+de+fernando+iv#v=onepage&q=&f=false | ano = 1860 | mes = | id = | isbn = | páxinas = 37 | cita =}}</ref> O tratado foi asinado por Dª María e D. Donís o día [[12 de setembro]] de [[1297]] no municipio [[Provincia de Zamora|zamorano]] que lle da nome ([[Alcañices]]), dando lugar a unha das fronteiras máis antigas de [[Europa]].
 
Mediante o tratado de Alcañices quedaron fixadas, entre outros puntos, as fronteiras entre o [[Reino de León]] e o [[Reino de Portugal]], que recibía unha serie de prazas firtes e vilas a cambio de romper os seus acordos que o posicionaban en contra do [[Reino de Castela e León]], que foran asinados con [[Xaime II de Aragón]], con [[Alfonso de la Cerda]], co infante Xoán de Castela e con [[Juan Núñez de Lara o Menor]].<ref> {{cita publicación periódica| apelidos = González Mínguez| nome = César| ano = 2004| título = Fernando IV de Castilla (1295-1312): Perfil de un reinado| publicación = Espacio, Tiempo y Forma, Serie III, Hª Medieval| número = 17| páxinas = 228 | editorial = Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), Facultad de Geografía e Historia | issn = 0214-9745| url = http://e-spacio.uned.es/fez/view.php?pid=bibliuned:ETFB795938A-A8EF-AC9F-1889-B989699FFC79| lingua = castelán| cita = }}</ref> Ao mesmo tiempo no tratado volveise confirmar o proxectado enlace entre [[Fernando IV de Castilla]] e a infanta [[Constanza de Portugal (1290-1313)|Constanza de Portugal]], ao tempo que se acordaban os esponsais entre o infante [[Afonso IV de Portugal|Afonso de Portugal]], herdeiro do trono lusitano, e a infanta [[Beatriz de Castela (1293-1359)|Beatriz]], filla de [[Sancho IV de Castela]] e irmá de Fernando IV. Por outra parte, o monarca portugués achegou un exército de trescentos cabaleiros, postos ás ordes de [[Juan Alfonso de Alburquerque]], para axudar á raíña María de Molina na súa loita contra o infante Juan, que até ese momento recibira o apoio do rei Dinís. Ademais, estipulábase no tratado que as vilas e prazas de [[Campo Maior]], [[Olivenza]], Ouguela e [[San Felices de los Gallegos]] serían entregadas a Diní como compensación pola perdida por parte de [[Portugal]], durante o reinado de [[Afonso III de Portugal|Afonso III]] dunha serie de prazas que lle foran arrebatadas por [[Afonso X]]. Ao mesmo tempo, lle foron entregadas ao rei portugués as prazas de [[Almeida, Portugal|Almeida]], [[Castelo Bom]], [[Castelo Melhor]], [[Castelo Rodrigo]], [[Monforte da Beira]], [[Sabugal]], Sastres e [[Vilar Maior]]. A longo prazo as consecuencias deste tratado serían duradoiras, xa que la fronteira entre ambos os reinos a penas foi modificada no curso dos séculos posteriores.
 
A súa prioridade gobernativa foi esencialmente a organización do reino: continuando a vertente lexisladora do seu pai D. Afonso III, a profusa acción lexislativa está contida, hoxe, no ''Libro da Leis e Posturas'' e nas ''Ordenacións Afonsinas'' . Non son "códigos" lexislativos tal como os entendemos hoxe, mais si compilacións de leis e do dereito consuetudinario municipal, alteradas e reformuladas pola Coroa. En efecto, a incidencia de cuestións de carácter procesual con igual peso ao carácter de dereito positivo das súas leis, denuncia a crecente preocupación do rei en engarzar o dereito consuetudinario (ou costumeiro) no ámbito da Coroa, e en facer efectivo o seu poder no territorio.
 
As determinacións sobre a actuación de alguacís (oficiais dos concellos), xuíces, ''procuradores'' e ''advocati'' demostran isto, xa que un poder só nominal sobre todos os habitantes do reino, como era típico na [[Idade Media]], non se compatibiliza con este esforzo en demorar os trámites xurídicos, ou en moralizar o exercicio da xustiza. A creación de correxedores denuncia claramente o inicio do proceso de territorialización da xurisdición da Coroa, extravasando os dominio rexios, á par da crecente importancia da capitalidade de Lisboa.
 
O reinado de D. Dinís acentuou a predilección por [[Lisboa]] como lugar de permanencia da corte rexia. Non existe unha capital, mais a localización de Lisboa, o seu desenvolvemento urbano, económico e mercantil van facendo da cidade o lugar máis viábel para se afirmar como centro administrativo por excelencia. A articulación entre o norte e o sur do país —este sur que se torna branco da maior atención e permanencia dos reis— fan de Lisboa centro para facer a Portugal viábel.
Liña 66:
Entre o norte, onde a malla [[nobreza|señorial]] é máis densa e apertada, e o sur, onde o vasto espazo conquistado aos [[musulmán]]s, onde se implantan sobre todo os dominios rexios e as Ordes militares, así como a presenza de vastos espazos de ''res nullius'', fai de Portugal un reino onde dúas realidades diferentes se complementan. Paralelamente, D. Dinís aumentou en enorme medida o número de novas vilas, feiras e castelos no interior de norte a sur e, especialmente, nas [[Beira, Portugal|Beiras]] e no [[Alentexo]], continuando unha obra que xa viña dos seus antecesores: o poboamento do reino, sobre todo do norte en dirección cara ao sur, e distribuíndo neste proceso moitas cartas de poboamento (creación de vilas).
 
Preocupado poos recursos e as infraestruturas do país, D. Dinís ordenou a explotación de minas de [[cobre]], [[prata]], [[estaño]] e [[ferro]] e fomentou os intercambios comerciais con outros reinos, asinou o primeiro tratado comercial co rei de [[Inglaterra]] en [[1308]] e creou o almirantado, atribuído como privilexio, como quedou dito, ao xenovés Manuel Pesagno, e fundando as bases para unha verdadeira [[Armada (mariña)|Mariña]] ao servizo da Coroa.
 
D. Dinís redistribuíu terras, promoveu a [[agricultura]] e fundou varias comunidades rurais, así como mercados e feiras, creando as chamadas ''feiras francas'' ao conceder a varias poboacións diversos privilexios e exencións. A razón dos seus alcumes ''o Labrador'' ou ''o Rei-Agricultor'' foi a orde de protexer o [[Piñal de Leiría]], creado polo seu pai (ou polo seu tío) e que aínda se mantén hoxe, como forma de protexer as terras agrícolas do avance das areas costeiras.<ref>O extenso e excelso traballo deste rei en prol do Reino resumiuno [[António Caetano de Sousa]] co alcume cognome de ''o Labrador'', bastante redutor cara a unha obra tan proveitosa e, ademais, xerado pola imputación errónea da plantación do piñal a este monarca; en realidade o piñal xa existia desde D. Sancho II.</ref>
Liña 74:
A cultura foi un dos seus intereses persoais.<ref name=CM>Monteiro, Clóvis (1961), p. 12.</ref> D. Dinís apreciaba a [[literatura]] e escribiu varios libros do seu propio puño e letra, sobre temas como a [[administración pública]] ou a [[Cinexética|caza]], e varios volumes de [[poesía]]. Foi un poeta notábel e un dos maiores e máis fecundos [[trobador]]es do seu tempo. Até os nosos días chegaron 137 [[cantiga]]s da súa autoría, distribuídas por todos os xéneros (73 de [[Cantigas de amor|amor]], 51 de [[cantiga de amigo|amigo]] e 10 [[Cantiga de escarnio e maldicir|escarnio e maldicir]], así como a música orixinal de 7 desas cantigas (descubertas casualmente en 1990 polo profesor Harvey L. Sharrer, no Arquivo da Torre do Tombo, nun pergamiño que servía de capa a un libro de rexistros notariais do [[século XVI]], e que se coñece como ''[[Pergamiño Sharrer]]'').<ref>Ferreira, Manuel Pedro 2005): [http://www.academia.edu/4995294/Cantus_Coronatus_7_cantigas_d_El-Rei_Dom_Dinis_by_King_Dinis_of_Portugal ''Cantus Coronatus: 7 Cantigas D'El-Rei Dom Dinis'']. Kassel: Edition Reichenberger.</ref>
 
Durante o seu reinado, [[Lisboa]] foi un dos centros [[Europa|europeos]] da [[cultura]]. A primeira [[universidade]] de Portugal, a Universidade de Coímbra, fundouse polo seu decreto ''Scientiae thesaurus mirabilis'', asinado en Lisboa en [[1290]]. Nela ensinábanse [[Arte]]s, [[Dereito civil]], [[Dereito canónico]] e [[Medicina]].
 
Esta universidade foi inicialmente instalada en [[Lisboa]] e foi trasladada por Dinís, por primeira vez, a [[Coímbra]], en [[1308]]. Foi trasladada varias veces entre ambas as dúas cidades, e quedou definitivamente instalada en Coímbra en [[1537]], por orde de [[Xoán III de Portugal|João III]].
 
D. Dinís mandou traducir para o portugués importantes obras, entre elas a do seu avó [[Afonso X de León e Castela|Afonso X]], o Sabio, sendo a súa corte un dos maiores centros literarios da [[Península Ibérica]].
Liña 126:
[[Ficheiro:Isabel Dinis de Portugal.jpg|miniatura|right|D. Dinís e a [[Isabel de Aragón|raíña Santa Isabel]]. Retrato na Universidade de Coímbra.]]
 
Sen esquecermos o lapso de longos séculos que nos separan de D. Dinís, é posíbel trazar un esbozo das liñas mestras da personalidade deste rei portugués. Era determinado, ou mesmo obstinado, nos seus intentos, do que son exemplo a ''cadencia de inquéritos'' verdadeiramente demoledora.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=206}} e demais políticas de centralización rexia que instituíu de forma sistemática.
 
Revelouse desde moi cedo como un grande estratego, sendo precursor dunha política gobernativa e lexislativa non só reactiva, senón máis ben de cuño proactivo. Facendo unha análise ''a posteriori'', vese que as decisións non eran tomadas por casualidade, antes ben se articulaban na senda dun ideal de país e nación que o rei desexaba. A título de exemplo, pódese indicar a concomitante creación de [[concellos]] e [[feira]]s, as políticas de fortificación das fronteiras ou a crecente dependencia das [[Orde militar|Ordes militares]] do poder real. Por todo isto, D. Dinís foi recoñecido como un home sagaz e de elevada capacidade gobernativa, tanto polos seus contemporáneos como por historiadores posteriores.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=202-207}} <ref name="ReferenceA">''Crónica Geral de Espanha de 1344'' (edição crítica do texto português por Luís Filipe Lindley Cintra), vol IV. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1990.</ref><ref name="ReferenceB">''Livro de Linhagens do Conde Dom Pedro'' (edição crítica por José Mattoso), en ''Portugaliae Monumenta Historica'', Nova Série, vol. II (tomos 1 e 2), Lisboa: Academia das Ciências, 1980.</ref>
 
Non carecía D. Dinís do que hoxe se chama ''habilidade política''. Sendo hábil no trato e entendedor dos homes, D. Dinís soubo ir ''atacando e pacificando'', alternativamente, os intereses señoriais laicos e eclesiásticos: desamortizou os bens do clero, mais aceptou o concordato e restrinxiu os dereitos de ''comedoría'' nos mosteiros; controlou os bens señoriais, pero as leis de desamortización trababan a erosión dos patrimonios señoriais.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=207}}
 
A administración das propiedades rexias fíxose máis eficiente e D. Dinís foi coñecido como un rei rico; diso encóntrase eco na ''[[Divina Comedia]]'' de [[Dante Alighieri]].
 
Así e todo, D. Dinís é mormente celebrado en todos os rexistros das crónicas contemporáneas e posteriores como un rei xusto. Sabendo que a maior parte do traballo lexislativo do seu reinado se centrou en cuestións de xustiza procesual, non é de menor relevo o feito de que gran parte desa nova lexislación ía no sentido de evitar excesivas demoras e custos xudiciais e de impedir os abusos de avogados e procuradores.<ref name="ReferenceA"/><ref name="ReferenceB"/>{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=207}}<ref>''Crónica de Portugal de 1419'' (edição crítica com introdução e notas de Almeida Calado), Aveiro: Universidade de Aveiro, 1998</ref><ref>Leão, Duarte Nunes de (1975): ''Crónicas dos Reis de Portugal'', reformadas pelo Licenciado... (revisada por M. Lopes de Almeida). Porto: Lello & Irmãos.</ref>
 
Del pódese aínda dicir que a determinación que tantas conquistas políticas lle granxeou podía, ás veces, dexenerar en teimosía e prepotencia. Descrito ás veces como cruel, principalmente nas relacións familiares, na forma en que trataba o fillo herdeiro [[Afonso IV de Portugal|D. Afonso]] (que nunca foi o seu favorito) e a súa esposa, [[Isabel de Aragón|Dª. Isabel]], entregándolle os froitos dos seus adulterios para que os criase.{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=208}}
Liña 150:
* Da súa muller, a [[infanta]] [[Isabel de Aragón]] ([[1270]]-[[1336]]), filla do rei [[Pedro III de Aragón]] e da súa esposa [[Constanza II de Sicilia]], reina de [[Reino de Sicilia|Sicilia]].{{Harvnp|Rodrigues Oliveira|2014|p=153}} Do matrimonio naceron dous fillos:
** [[Constanza de Portugal (1290-1313)|Constanza de Portugal]] ([[1290]]-[[1313]]), nacida probabelmente en [[Coímbra]] e chamada igual que a súa avoa materna,{{Harvnp|Rodrigues Oliveira|2010|p=161}} foi raíña consorte de [[Reino de Castela|Castela]] polo seu matrimonio con [[Fernando IV de Castela|Fernando IV]].
** [[Afonso IV de Portugal|Afonso IV, rei de Portugal]] (Coímbra, [[8 de febreiro]] de [[1291]]-[[1357]]).{{Harvnp|Sotto Mayor Pizarro|1997|p=184}}{{Harvnp|Rodrigues Oliveira|2010|p=161}}
 
Fillos naturais:
Liña 165:
* Tivo tamén como amante a [[Branca Lourenço de Valadares]], tía de dona [[Inés de Castro]], á que doou a vila e termo de [[Mirandela]] por carta de [[1301]], na cal declara: ''"E esto vos faço por compra de vosso corpo"'',<ref>Francisco Manuel Alves, Abade de Baçal (2000): ''Memórias Arqueológico-Históricas do Distrito de Bragança''. Bragança: Ed. Câmara Municipal de Bragança. Tomo IV, p. 443.</ref> e da cal tivo a:
** Maria Afonso ([[1302]]-[[1320]]), freira no mosteiro de São Dinís.
 
 
{{sucesión| título = [[Ficheiro:Shield of the Kingdom of Portugal (1248-1385).png|40px]]<br>[[Reino de Portugal|Rei de Portugal]]| predecesor = [[Afonso III de Portugal|Afonso III]]| sucesor = [[Afonso IV de Portugal|Afonso IV]]| período = [[1279]] - [[1325]]}}