Translación da Terra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
No DRAG só aparece "sideral", non sidéreo.
m →‎top: Arranxos varios
Liña 4:
Se se toma como referencia a posición dunha estrela, a Terra cumpre unha volta nun [[ano sideral]] cuxa duración é de 365 días, 6 horas, 9 minutos e 10 segundos. O [[Ano (astronomía)|ano]] sideral é de pouca importancia práctica. Para as actividades terrestres ten maior importancia a medición do tempo segundo as [[Estacións do ano|estación]]s.
 
Tomando como referencia o lapso transcorrido entre un inicio da [[primavera]] e outro, cando o Sol atópase no [[Punto Aries|punto vernal]], o ano trópico dura 365 días 4 horas 48 minutos e 46 segundos. Este é o ano utilizado para realizar os [[calendario|calendarios]]s.
 
A órbita ten un perímetro de preto de 930 millóns de [[quilómetro]]s, cunha distancia media ao Sol de preto de 150.000.000  km, distancia que se coñece como [[Unidade astronómica|Unidade Astronómica]] (U.A.). Disto de deduce que a Terra desprázase no espazo a unha velocidade de 106.000  km por hora ou 29,5  km por segundo.
 
O feito de que a órbita sexa elíptica fai que a Terra nalgún momento estea no lugar da órbita máis afastado do Sol, denominado [[afelio]], feito que se pruduce en xullo. Nese punto a distancia ao Sol é de 151.800.000  km. De xeito análogo, o punto da órbita máis próximo ao Sol denomínase [[perihelio]] e ocorre en xaneiro, cunha distancia de 142.700.000  km. A situación da Terra no afelio e no perihelio correspóndese cos [[solsticio]]s de verán e inverno.
 
==Véxase tamén==