Guerras italianas (1494-1559): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Tanto a Ortografía da lingua galega e as Pautas para un correcto uso da linguaxe din: "No caso de apareceren os substantivos: guerra, batalla, cruzada etc., escribiranse en minúscula por tratarse de nomes xenéricos: guerra dos Balcáns...".
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Italy 1494 AD.png|miniatura|400px|dereita|Italia á morte de [[Fernando I de Nápoles]] ([[1494]])]]
As '''guerras italianas''', tamén coñecidas como as '''grandes guerras italianas''' e as '''guerras de Italia''', foron unha serie de conflitos bélicos sucedidos entre [[1494]] e [[1559]] que implicaron, en distintas ocasións, aos principais Estados da [[Europa Occidental]]: [[Francia]], [[España]], [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Inglaterra]], a [[República de Venecia]], os [[Estados Pontificios]] e a maioría das [[Italia|cidades-estado italianas]], así como tamén ao [[Imperio otomán]].
 
Inicialmente tratouse dunha disputa dinástica sobre os dereitos hereditarios de [[Francia]] sobre o [[Ducado de Milán]] e o [[Reino de Nápoles]], pero as guerras convertéronse rapidamente en loitas territoriais e de poder entre os distintos participantes, que estiveron marcadas por xogos de alianzas, contra-alianzas e frecuentes traizóns.
Liña 7:
A [[Italia|península Italiana]] sufrira durante a [[Idade Media]] numerosos e constantes conflitos entre as diversas [[estado|entidades políticas]] que ocupaban o seu territorio.
 
Porén, na segunda metade do [[século XIV]], aínda que fráxil, alcanzouse unha certa estabilidade. No norte, o [[Tratado de Lodi]] ([[4 de abril]] de [[1454]]) puxo fin ás [[guerras de Lombardía]] e trouxo a paz, que permitiu o desenvolvemento dos posteriores e florecentes gobernos de [[Cosme de Medici|Cosme]] e [[Lourenzo de Medici]] en [[Florencia]].
 
No sur, a [[Coroa de Aragón|casa de Aragón]], que reinaba en [[Reino de Sicilia|Sicilia]] (desde [[1282]]), [[Sardeña]] ([[1323]]) e [[Reino de Nápoles|Nápoles]] ([[1442]]), mantiña a súa hexemonía e integridade apoiada na forza disuasoria que lle confería a súa potente [[Armada (mariña)|armada]].
Liña 16:
=== Primeira guerra italiana (1494 - 1498) ===
{{Artigo principal|Primeira guerra de Italia}}
Crendo ter neutralizado a [[Fernando o Católico]] mediante o [[Tratado de Barcelona (1493)|tratado de Barcelona]] ([[1493]]), despois da morte de [[Fernando I de Nápoles]] ([[1494]]), [[Carlos VIII de Francia]] intenta obter para si, aducindo o seu parentesco con [[Renato I de Nápoles|Renato de Anjou]], a soberanía deste reino.
 
Ao non acceder o papa [[Alexandre VI, papa|Alexandre VI]] a coroalo, decide satisfacer as súas pretensións ''manu militari'': nunha rápida campaña, na que só [[República de Venecia|Venecia]] e o Papado se lle opoñen, os seus exércitos percorren toda a península Italiana e ocupan a [[Nápoles|capital napolitana]].
Liña 22:
En abril de [[1495]] fórmase a chamada Liga de Venecia ([[Ducado de Milán|Milán]], [[República de Venecia|Venecia]], o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[España]] e os [[Estados Pontificios]]) para combater ao invasor.
[[Ficheiro:Seminara.jpg|260px|miniatura|esquerda|''A batalla de Seminara''. Gravado anónimo do [[século XIX]]]]
A [[Batalla de Fornovo]] (6 de xullo de 1495) concluíu sen un vencedor militar claro, pero despois dela Carlos VIII tivo que evacuar as súas tropas do norte de Italia. No sur, con inferioridade numérica e procurando por iso evitar un gran enfrontamento a campo aberto cos franceses, o [[Gran Capitán]] conseguiu non ser expulsado da península por eles. Porén, e en contra do seu criterio, o seu superior Fernando II de Nápoles obrigouno a presentar batalla xunto a el en [[Batalla de Seminara (1495)|Seminara]] (28 de xuño de 1495), onde foron vencidos por [[Bérault Stuart d'Aubigny]].
 
Os españois seguiron resistindo e, despois de recibir reforzos, pasaron á ofensiva e tomaron varias prazas fortes ao norte da posición que ocupaba Stuart d'Aubigny co groso do seu exército. Mentres tanto Fernando de Nápoles, valéndose dunha insurrección popular, consigue acurralar a [[Gilberto de Montpensier]] en dous castelos de Nápoles e, despois, desaloxalo deles. Fernando o Católico abriu outra fronte nos [[Pireneos]] contra Francia, para que esta desviara soldados e recursos cara a alá.
 
A vitoria do [[Gonzalo Fernández de Córdoba|Gran Capitán]] en [[Cosenza]] estreitou aínda máis o cerco sobre Montpensier, que acantoou aos seus homes en [[Atella]]. Os aliados tomaron a fortaleza en xullo de 1496, e Francia quedou a partir de entón en clara desvantaxe.
Liña 32:
=== Guerra italiana de 1499-1501 ===
{{Artigo principal|Guerra italiana de 1499-1501}}
O novo rei francés, Luís XII, seguindo a política do seu antecesor, continuou reclamando para el o ducado de Milán e o reino de Nápoles. Coa intención de ocupar o norte de Italia pola vía militar pactou alianzas coa república de Venecia, á que lle ofreceu a cambio da súa axuda [[Cremona]], e co papa [[Alexandre VI]] e o seu fillo [[César Borgia]], ofrecéndolles territorios na [[Romaña]]. En agosto de [[1499]] un exército francés cruzou os [[Alpes]] e marchou sobre o [[Milanesado]], que estaba baixo o goberno do duque [[Ludovico Sforza]]. Ante a superioridade militar francesa, este abandonou Milán, que foi ocupado por [[Gian Giacomo Trivulzio]] ao mando das tropas de Luís XII.
 
Sforza buscou a axuda dos [[Turquía|turcos]] do sultán [[Beyazid II|Bajazet]] (enfrontado xa desde antes con Venecia), e recrutou un exército de mercenarios suízos cos que en xaneiro conseguiu recuperar as principais cidades do ducado, pero en abril foi traizoado polos soldados suízos en [[Novara]], sendo apresado, ao igual que o seu irmán [[Ascanio Sforza|Ascanio]].
 
César Borgia, mentres tanto, tomou [[Imola]], [[Forli]], [[Rímini]], [[Pésaro]] e [[Faenza]], na Romaña, ante a pasividade ou a prudencia dos pequenos estados veciños, temerosos do enfrontamento contra a coalición franco-veneciana-papal.
Liña 50:
{{Artigo principal|Guerra da Liga de Cambrai}}
[[Ficheiro:Marignan.jpg|miniatura|esquerda|260px|''A batalla de Marignano'']]
O papa [[Xulio II]] formou a denominada [[Liga de Cambrai]] en [[1508]], co obxectivo de frear a expansión territorial da [[República de Venecia]]. Estaba formada por [[Francia]], o [[Papa]]do, [[España]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
Aínda que a Liga destruiu gran parte do exército veneciano na [[batalla de Agnadello]] (1509), non logrou a captura de [[Padua]].
 
En [[1510]] a Liga desfíxose e Xulio declarou a guerra a Francia, aliándose con [[Venecia]]. Despois de un ano de combates, formouse unha [[Liga Santa]] contra os franceses, que logrou expulsar a estes de Italia.
 
En [[1512]] Venecia formou unha alianza cos franceses, co que deu un novo rumbo á guerra e alcanzou a vitoria na [[Batalla de Marignano]] ([[1515]]).
 
A paz firmouse en [[1516]], e o resultado foi o retorno ao [[statu quo]] de [[1508]].
Liña 64:
[[Ficheiro:Habsburg Map 1547.jpg|miniatura|250px|dereita|Os dominios de Carlos V en Europa]]
[[Ficheiro:Battle of Pavia, oil on panel.jpg|miniatura|dereita|250px|''A [[Batalla de Pavía]]'', pintura dun artista [[Flandres|flamengo]] descoñecido.]]
Tras a morte en [[1519]] de [[Maximiliano I de Habsburgo]], emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], [[Carlos I de España]] foi designado como o seu sucesor, formando un estado que ocupaba case a metade do territorio europeo. [[Francisco I de Francia]], que optara á sucesión do imperio de Maximiliano, aproveitou a invasión española de [[Navarra]] para comezar unha guerra contra España. As tropas francesas marcharon cara a Italia co intento de desaloxar a Carlos I de Nápoles. Os franceses foron superados polos exércitos españois de [[Fernando de Ávalos]], sufrindo serias derrotas nas batallas de [[Batalla de Bicoca|Bicoca]] e [[Batalla de Sesia|Sesia]].
 
O propio Francisco I dirixiu ás súas tropas internándose en [[Lombardía]] en [[1525]], sendo derrotado na [[batalla de Pavía]], onde foi preso. Desde o seu encerro viuse obrigado a facer grandes concesións a España sobre os seus territorios en Italia.
Liña 70:
=== Guerra da Liga de Cognac ===
{{Artigo principal|Guerra da Liga de Cognac}}
En [[1526]] o papa [[Clemente VII]], alarmado polo crecente poder do [[Imperio español]], aliouse con [[Francia]], [[República de Venecia|Venecia]], [[Florencia]] e outros pequenos estados de Italia formando a [[Liga de Cognac]] para combater a [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]].
 
Venecia rexeitou contribuír á alianza con tropas e, despois da retirada do exército francés de Lombardía, as forzas españolas tomaron [[Florencia]] e, en [[1527]], saquearon [[Roma]] ([[Saqueo de Roma]]). O papa foi apresado polas tropas do Imperio. A guerra rematou coa sinatura da [[Paz de Cambrai]], en [[1529]], mediante a cal Francia retirábase da guerra. Venecia firmou a paz con España, mentres Florencia foi colocada baixo o goberno dos [[Medici]].
Liña 80:
=== Guerra italiana de 1542-1546 ===
{{Artigo principal|Guerra italiana de 1542-1546}}
Francisco I, aliado con [[Solimán I]] do [[Imperio otomán]] lanzou unha invasión da península Italiana. Unha frota conxunta franco-otomá capturou a cidade de [[Niza]] en agosto de [[1543]] e puxo asedio á cidadela. Os defensores foron socorridos un mes máis tarde polas tropas imperiais, que conseguiron levantar o asedio. Os franceses, baixo o mando de François, conde de Enghien, derrotaron ás forzas do Imperio na [[batalla de Cerisoles]], en [[1544]], pero fracasaron no seu intento de penetrar en [[Lombardía]].
 
Carlos I de España e [[Henrique VIII de Inglaterra]] uníronse para a invasión do norte de Francia, sitiando [[Boulogne-sur-Mer]] e [[Soissons]]. A falta de colaboración entre ingleses e españois e os agresivos ataques otománs levaron a Carlos a abandonar estas conquistas, restaurando o ''statu quo'' unha vez máis.
Liña 87:
[[Ficheiro:MunsterBM.jpg||miniatura|270px|Vista da toma de San Quintín en 1557. Gravado en madeira publicado na ''Cosmografía'' de [[Sebastian Münster]] (edición de 1598)]]
 
En [[1547]], [[Henrique II de Francia]], que sucedera a Francisco no trono, declarou a guerra contra Carlos I coa intención de retomar Italia e asegurar Francia, intentando romper a hexemonía da [[casa de Austria]] en Europa. En principio Francia tivo éxito na súa ofensiva contra [[Lorena (rexión)|Lorena]], pero o intento de invasión francesa de [[Toscana]] en [[1553]] fracasou coa súa derrota na [[batalla de Marciano]].
 
Carlos I abdicou en [[1556]], dividindo o imperio dos Habsburgo entre o seu fillo [[Filipe II de España]] e o seu irmán [[Fernando I de Habsburgo|Fernando I]], e o teatro de operacións militares cambiou de Italia a [[Flandres]] onde Filipe II, en alianza con [[Manuel Filiberto]] de [[Casa de Savoia|Savoia]], derrotou aos franceses na [[Batalla de San Quintín]], en [[1557]].
Liña 115:
* Vivanti, C. (1974): "La storia politica e sociale. Dall'avvento delle signorie all'Italia spagnola", in ''Storia d'Italia. Dalla caduta dell'Impero romano al secolo XVIII'', a cura di R. Romano, C. Vivanti. Torino: Einaudi, volume II.
 
[[Categoría:Guerras Italianas|1494-1559| ]]
[[Categoría:Historia de España]]
[[Categoría:Historia de Italia]]