Ba Jin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
e
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Ba Jin 1938.jpg|thumb|Ba Jin]]
{{enuso}}
'''Ba Jin''' é o alcume literario de '''Li Yaotang''' ([[25 de novembro]], [[1904]] – [[17 de outubro]], [[2005]]), un dos escritores chineses máis lidos do [[século XX]].
 
Naceu en Chengdu, Sichuan no seo dunha familia de funcionarios que fixeran fortuna, o seu avó paterno gobernaba autocraticamente unha extense familia nunha mansiómansión na cal vivían cinco xeracións e máis os criados, de pequeno ensinoulle a ler e escribier súa nai e logo profesores privados. Lector avido quedou impresionado polo pensamento de [[Kropotkin]] e [[Emma Goldman]]. En 1920 entrou na Escola de Idiomas local para estudar inglés, participou activamente no movemento estudantil e entrou nun grupo [[anarquismo|anarquista]], en 1923 marchou a Sanghai para continuar os seus estudos pero acabou matriculándose en [[Nanjing]] onde se especializa en [[esperanto]], en 1927 viaxa a [[París]] para estudar francés, participou na campaña internacional para salvar aos anarquistas [[Proceso de Sacco e Vanzetti|Sacco e Vanzetti]] da pena de morte nos [[Estados Unidos]], chegando a manter unha breve relación epistolar con Vanzetti, traduciu ensaios de pensadores anarquistas ao chinés e escribiu a súa primeira novela, ''灭亡'' (Mièwáng, Destrución) que publicou por entregas nunha revista literaria, xa de volta na China, en 1929. En 1931 publicou ''家'' (jiā, A Familia) onde retrata a opresión a que se ven sometidos os membros dunha familia autocrática, baseándose na súa propia familia, a novela marcou a toda unha xeración que se viu retratada nela e xunto con ''春'' (chūn, Primavera 1938) e ''秋'' (qiū, Outono 1940) forma unha triloxía. Durante a Segunda Guerra Chino-Xaponesa Ba Jin participou en labores de propaganda contra os xaponeses e escribiu a triloxía ''火'' (huǒ, Lume) descrición da China resistente. Despois da derrota do Xapón e na guerra civil Ba Jin mantivo o seu pensamento anarquista polo que foi duramente criticado polo Partido Comunista pero tras o triunfo deste en 1949 decidiu permanecer no país e ingresar no PCCh, foi deputado por Sichuan. Durante a [[Revolución Cultural]] foi perseguido e humillado, rehabilitado en 1977, foi presidente da Asociación de Escritores desde 1983. Esperantista convencido foi vicepresidente da Liga Chinesa de Esperanto.
[[Category:Escritores en lingua chinesa]]
[[ca:Ba Jin]]
[[de:Ba Jin]]
[[en:Ba Jin]]
[[eo:Ba Jin]]
[[es:Ba Jin]]
[[fr:Ba Jin]]
[[it:Ba Jin]]
[[ja:巴金]]
[[pl:Ba Jin]]
[[pt:Ba Jin]]
[[sv:Ba Jin]]
[[zh:巴金]]