RoHS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Definición: Arranxos varios using AWB
Liña 17:
* 0,01% para cadmio do peso de material homoxéneo ou 100 partes por millón
 
Estas concentracións máximas son os límites e non se aplícan ao peso do produto acabado e tampouco a un compoñente en concreto, senon a calquera compoñente único que podería (teóricamente) ser separado mecánicamentemecanicamente. Por exemplo: a cuberta dun cable ou a soldadura de estaño e chumbo dun compoñente.
 
Outro exemplo: un equipo electrónico pode estar composto por parafusos, arandelas, unha placa de circuíto, conectores etc. Os parafusos, arandelas e soportes poden ser de materias homoxéneos, pero os outros compoñentes comprenden múltiples sub-compoñentes de moitos e diferentes tipos de materiais. Unha placa de circuíto [[PCB]] componse de fibra de vidro, resina, metal de cobre, circuítos integrados, resistencias, condensadores, interruptores etc. Un interruptor pode ter pezas de distintos metais e plásticos, cada un dos cales pode facerse de diferentes materiais. Un contacto pode estar composto dunha lámina de cobre cun recubrimento superficial. Un transformador componse de pezas de ferro, arame de cobre, papel ou resinas.