Teatro de Epidauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ficha
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ligazón e arranxo
Liña 13:
| Rexión = Europa
}}
O '''teatro de Epidauro''' (en [[Lingua grega antiga|grego antigo]] Ἐπίδαυρος ''Epìdauros'', en grego moderno Επίδαυρος ''Epìdavros)'' é un [[teatro]] antigo da [[Argólida]], edificado no [[Século -IV|século IV]] a. C. para acoller as ''Asclepeia'', concurso en honra do deus médico [[Asclepio|Asclepio.]] Foi o modelo de numerosos teatros gregos ao regularizar e perfeccionar a súa estrutura.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:TeatroEpidauro.jpg|dereita|miniatura|Teatro de Epidauro]]
[[Século -IV|A]] principios do [[Século -IV|século IV]] a. C., tiña lugar unha festa panhelénica cada catro anos en [[Epidauro]], no [[Asclepeion|santuario de Asclepio]], as ''Asclepeia'', que combinaban probas ximnásticas e musicais. A uns 500 m ao sueste do santuario, sobre un lugar que permitiu encostar o ''koilon'' (conxunto de bancadas) no flanco dun outeiro, o arquitecto e escultor Policleto o Mozo comezou os traballos para erguer o teatro cara ao [[-350|350]]<ref>{{Cita libro|título=Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura|apelidos=Hartt|nome=Frederick|editorial=Akal|ano=1989|ISBN=978-84-7600-411-1|serie=Colección Arte y Estética|páxina=206|ref=}}</ref> a. [[-330|C.]]
 
O teatro e o santuario houberon sufrir diversos avatares pois foron saqueados en [[267]] polos hérulos, e despois en [[395]] polos [[godos]] de [[Alarico I|Alarico]] I. Con todo, os estragos quedaron limitados. Até principios do [[século XIX]], o teatro considerábase desaparecido cando un viaxeiro inglés, W. Gell, revelou o plano das ruínas. Tamén este mítico lugar foi o lugar escolleito para proclamar a independencia de Grecia en [[1822]].