Avelino López Otero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño e referencia
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Anteproyecto Estatuto de Galicia, 1932.jpg|miniatura|Portada do anteproxecto do 3 de xullo de 1932.]]
Licenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a [[Cuba]] instalouse na [[A Coruña|Coruña]], onde foi correspondente de ''[[El Pueblo Gallego]]'', dirixiu en [[Lugo]] o semanario republicano ''[[Guión (Lugo)|Guión]]'' (1930), no que colaboraron importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais e literatos de toda Galicia. Membro da [[masonería]], traballou como secretario do seu irmán, o político [[César López Otero]] e con el foi o promotor da constitución do concello de [[Ribeira de Piquín]], constituído o [[5 de marzo]] de [[1935]]. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936#O novo proxecto de 1932|anteproxecto do Estatuto de Autonomía]] para a Asemblea que convocara o concello de [[Santiago de Compostela]] en [[1932]] e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Despois de pertencer á [[Organización Republicana Gallega Autónoma]] e á [[Federación Republicana Gallega]], foi secretario xeral do [[Partido Republicano Gallego]] entre 1933 e 1934, ata que se integrou en [[Izquierda Republicana]]. En 1933 figuraba como director de ''[[Tierra Gallega (A Coruña)|Tierra Gallega]]''<ref>''[[Faro Villalbés]]'', 11-2-1933, p. 3.</ref>.
 
Detido a raíz da [[sublevación do 18 de xullo de 1936]], morreu no Hospital de Lugo, onde fora trasladado o [[17 de setembro]] dende a prisión de Lugo a consecuencia das feridas das malleiras.