Radiación electromagnética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m quito imaxe
Liña 1:
{{Electromagnetismo}}
[[Ficheiro:Onde electromagnetique.svg|miniatura|esquerda|250px|As ondas electromágnéticas que compoñen a '''radiación electromagnética''' poden imaxinarse como ondas oscilatorias transversais autopropagábeis dos campos [[Campo eléctrico|eléctrico]] e [[Campo magnético|magnético]]. Este diagrama mostra unha onda plana de radiación electromagnética linearmente polarizada propagándose de esquerda a dereita. O campo eléctrico está no plano vertical e o campo magnético no plano horizontal. Os dous campos están sempre en fase cunha razón constante entre as súas [[Intensidade de campo|intensidade]]s.]]
A '''radiación electromagnética''' é unha combinación de [[campo eléctrico|campos eléctricos]] e [[campo magnético|magnéticos]] oscilantes e perpendiculares entre si que se propagan a través do espazo transportando enerxía dun lugar a outro. A luz visíbel é unha das partes da radiación electromagnética. A diferenza de outros tipos de onda, como o son, que necesitan dun medio material para propagarse, a radiación electromagnética pódese propagar no baleiro. No século XIX pensábase que existía unha substancia indetectable chamada [[éter]] que ocupaba o baleiro e servía de medio de propagación das ondas electromagnéticas. [[James Clerk Maxwell]] desenvolveu as súas [[Ecuacións de Maxwell|ecuacións]] das que se desprende que un campo eléctrico variante no tempo xera un campo magnético e viceversa, a variación temporal do campo magnético xera un campo eléctrico. Pódese visualizar a radiación electromagnética como dous campos que se xeran mutuamente, por iso non necesitan ningún medio material para propagarse. As ecuacións de Maxwell tamén predín a velocidade de propagación no baleiro (que se representa c e ten un valor de 299.792,458 km/s), e a súa dirección de propagación (perpendicular ás oscilacións do campo eléctrico e magnético, que á súa vez son perpendiculares entre si). [[Heinrich Rudolf Hertz]] demostrouno experimentalmente en [[1888]].