Vilalba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Liña 149:
Vilalba ten contado ao longo do [[século XX]] cunha ampla tradición [[xornalismo|xornalística]], que se inicia en [[1902]] co ''[[Ideal Villalbés]]'', xornal manuscrito do poeta e xornalista [[Antonio García Hermida]]. A esta primeira tentativa seguirá, xa de forma máis profesional, a edición de ''[[El Eco de Villalba]]'' (1908) da man de [[Manuel Mato Vizoso]] e [[José Novo Pardo]]. Tras este virán: ''[[El Ratón]]'' (1910), ''[[El Vigía Villalbés]]'' (1913), ''[[Azul y Blanco]]'' (1914), ''[[Villalba y su Comarca]]'' (1915), ''[[Galicia Pintoresca (Vilalba)|Galicia Pintoresca]]'' (1916) ou ''[[Heraldo de Villalba]]'' (1916) que suporá a consagración definitiva de García Hermida no mundo do periodismo.
 
Pero a proliferación de prensa escrita non termina aí, senón que continuará nese mesmo ano e os seguintes co primeiro xornal escrito integramente en galego na vila, ''[[A Xusticia]]'' (1917), ó que seguirán: ''[[Aurora (Vilalba)|Aurora]]'' (1918), ''[[El Gato]]'' (1919), ''[[La Voz Villalbesa]]'' (1921), ''[[El Progreso Villalbés]]'' (1922), fundado por [[Enríquez Chanot]], ''[[El Villalbés]]'' (1925), ''[[El Villalbés de Buenos Aires]]'' (1927) ou ''[[La Unión Ciudadana]]'' (1929). Nos anos da [[Segunda República Española|II República]] editouse ''[[Ariete (Vilalba)|Ariete]]'' (1931), ''[[Luz (Vilalba)|Luz]]'' (1931), e como continuación deste un periódico abertamente militante: ''[[Faro Villalbés]]'' (1932), que contaría entre os seus colaboradores coa poetisa [[Carmiña Prieto Rouco]], autora do "Himno da Terra Cha". Nos anos da [[ditadura]] só dous xornais viron a luz, ambos de carácter netamente deportivo: ''[[Stadium]]'' (1949) e ''[[El Castillo]]'' (1950). Haberá que esperar ata a democracia para que un novo xornal saia á luz alcanzando entón unha ampla repercusión: ''[[A Voz de Vilalba]]'' (1983).{{cómpre referencia}}
 
== Cultura ==