Baruch de Spinoza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 19:
Para Spinoza todo ser particular (todo individuo) é unha expresión (un modo) da substancia. Polo que todo ser prolonga por si mesmo a forza desbordante da Natureza creadora, é dicir, trata de perseverar no seu ser, de afirmarse e realizarse cada vez máis. O ser humano non escapa a esta lei. Por iso Spinoza puido dicir que "a esencia do home é o desexo".
 
A afectividade non é outra cousa que a modulación do desexo: cando o desexo, entendido como potencia individual de existir cada vez máis de acordo coa natureza propia de cada un, exprésase e realízase, sentimos [[alegría]]; cando se ve contrariado, expresamos [[tristura]]. Todos os matices da afectividade consisten na diferenciación interna desas dúas tonalidades fundamentais que son a alegría e a tristura. Así o bo para un ser é o que lle permite existir cada vez máis en conformidade coa súa natureza e que experimenta como unha necesidade positiva. Unha necesidade e unha forza cuxa fonte última é a propia Natureza-Deus-Substancia. Spinoza di que "non desexamos unha cousa porque seasexa boa, senón o contrario: porque a desexamos dicimos que é boa".
 
Aquí o xerme dun individualismo moral radical, pero é mester coidarse de interpretalo superficialmente. En efecto, debe estar orientado polo coñecemento verdadeiro de si mesmo. O saber filosófico supremo que permite a cada un recoñecerse como expresión da substancia; esta é o último obxecto e a fonte primeira do desexo humano.