Diferenzas entre revisións de «Manuel Iglesias Corral»

sen resumo de edición
'''Manuel Iglesias Corral''' ([[A Coruña]], [[5 de xaneiro]] de [[1900]]-[[1995]]) foi un [[avogado]] e político galego.
 
Estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser Alcalde.
Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña desde 1963 a 1988, ano no que foi distinguido como Decano Honorario
 
Iglesias Corral foi Deputado polo [[Partido Republicano Galego]] nas Cortes da República en 1933. Alcalde republicano da Coruña nos anos 1932-33. Fiscal Xeral da [[II República Española]]; Fiscal Xefe do [[Tribunal Supremo]] e do Tribunal de Garantías Constitucionais da República.
Foi Avogado da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Tamén no plano empresarial, foi Secretario Xeral da Industria Baleeira Española, S.A.; Presidente de Frigoríficos do Noroeste, S.A. e Secretario do Consello de Administración de [[La Voz de Galicia]], S.A.
 
Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña; Presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación; Presidente da Comisión do Consello Xeral da Avogacía Española para a Unión de Avogados Hispanoamericanos; Conselleiro da Avogacía Española e Vogal da Comisión Xeral de Codificación en 1968. Foi membro da Union Internationale deas Avocats, do Instituto José Cornide, de Estudos Coruñeses; membro correspondente da Academia de Ciencias, Letras e Artes de San Romualdo, de San Fernando (Xádiz); membro do [[Instituto Padre Feijóo]], de Estudos Ourensáns; membro fundador do Instituto Español de Dereito Foral; Académico de Honra da Xurisprudencia e Lexislación, de [[Barcelona]] e da Xurisprudencia e Lexislación de [[Valencia]], así como Colexiado de honra do Colexio de Avogados de [[Lima]] ([[Perú]]).
 
Foi condecorado coa [[Lexión de Honra]] (Francia), coa Condecoración da [[Orde do Cristo de Portugal]] e da Cruz da Orde de San Carlos, no grao de Gran Oficial, da República de Portugal.
 
[[Category:Políticos]]
209

edicións