Evolución humana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 653:
Agora ben, a linguaxe simbólica por excelencia é a baseada nos [[significantes]] acústicos, e para que unha especie teña a capacidade de articular sons discretos, requírense máis innovacións morfolóxicas, algunhas delas moi probabelmente anteriores ao desenvolvemento dun cerebro suficientemente complexo como para pensar de modo simbólico. En efecto, observemos a [[orofarinxe]] e a [[larinxe]]: nos [[mamíferos]], a excepción do ser humano, a larinxe encóntrase na parte alta da [[garganta]], de modo que a [[epiglote]] pecha a [[traquea]] dun modo estanco ao beber e inxerir comida. En troques, en ''Homo sapiens'', a larinxe sitúase máis abaixo, o que permite ás [[corda vocal|cordas vocais]] a produción de sons máis claramente diferenciados e variados pero, ao non poder a epiglote ocluír completamente, a respiración e a inxestión deben alternarse para que o suxeito non afogue. O acurtamento do [[prognatismo]], que se compensa cunha elevación da [[bóveda palatina]], facilitan a linguaxe oral. Outro elemento de relevante importancia é a posición e estrutura do [[hioide]]; a súa gracilidade e motilidade permitirán unha linguaxe oral suficientemente articulada.
 
Estudos realizados na [[SierraSerra de Atapuerca]] ([[España]]) evidencian que ''[[Homo antecessor]]'', hai uns 800.000 anos, xa tiña a capacidade, polo menos no seu aparello fonador, para emitir unha linguaxe oral suficientemente articulada como para ser considerada simbólica, aínda que a consuetudinaria fabricación de utensilios (por rudos que foran) por parte do ''[[Homo habilis]]'' hai uns 2 millóns de anos, suxire que nestes xa existía unha linguaxe oral articulada moi rudimentaria pero dabondo eficaz coma para transmitir a suficiente [[información]] ou ensinanza para a confección de rudos artefactos.
 
Ademais de todas as condicións acabadas de mencionar, imprescindíbeis para a aparición dunha linguaxe simbólica, débese facer mención da aparición do xene [[FOXP2]] que resulta básico para a posibilidade de tal linguaxe e do pensamento simbólico, como se verá a continuación.