Lei orgánica para a mellora da calidade educativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Arranxiños ortográficos.
Liña 67:
 
Todos os centros de educación Infantil e Primaria deben contar con un órgano de coordinación docente que inclúa unha titoría, un equipo de nivel, un equipo docente, unha comisión de coordinación pedagóxica e un equipo de orientación e apoyo.
 
== Avaliación ==
Tal e como nos expón<ref>{{Cita web|url=http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/lomce/evaluacion.html|páxina-web=www.mecd.gob.es|título=Evaluación - Ministerio de Educación, Cultura y Deporte|data-acceso=2016-10-08}}</ref>, as avaliacións externas de final de etapa constitúen unha das principais novidades da LOMCE con respecto ó marco anterior e unha das medidas para mellorar a calidade do sistema educativo.
 
Estas probas terán un carácter formativo e de diagnóstico. Por unha parte servirán para garantizar que o alumnado alcance os niveis de aprendizaxe axeitados para o normal desenvolvemento da vida persoal e profesional e ademais, debe orientar ós alumnos/as nas súas decisións escolares de acordo cos coñecementos e competencias que posúan. Por outro lado, as probas normalizan os estándares da titulación, indicando cales son os niveis de esixencia requiridos e introducindo elementos de certeza, obxectividade e comparabilidade de resultados. Ademáis, proporcionan ós pais e nais, ós centros e ás Administracións Educativas unha valiosa información. O obxectivo desta avaliación é a mellora da aprendizaxe do alumnado, das medidas de xestión dos centros e das políticas das Administracións.
 
As probas serán homologables ás que se realizan internacionalmente, en especial as da OCDE. Centraranse no nivel de adquisición das competencias e seguirán as pautas internacionais (deberán ser coidadosas para poder medir os resultados do proceso de aprendizaxe sin mermar a desexada autonomía dos centros e deberán excluir a posibilidade de calquera adestramento para a súa superación).
 
As Administracións educativas publicarán os resultados obtidos polos centros de acordo co indicado nos artigos 140 e seguintes desta Ley Orgánica e nos termos que o Goberno estableza reglamentariamente.
 
As Administracións educativas poderán establecer planes específicos de mellora en aqueles centros públicos que non alcancen os niveis axeitados.
 
O éxito desta proposta consistirá en conseguir que ningún alumno/a encontre nelas unha barreira infranqueable. Cada proba debe ofrecer opcións, de maneira que ninguén que queira seguir aprendendo quede fóra do sistema.
 
== Notas ==
<references />
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==