Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=trobeiro
m Correccións menores
Liña 61:
En abril do 72 publícase "Thick as a brick". Nada máis publicarse, moitos profesionais da radio situárono como o segundo mellor disco da historia da música moderna, por detrás do "Sgt. Pepper’s lonely hearts club band" de [[The Beatles]]. En seguida alcanzou o número 1 nas listas de Estados Unidos, algo que a banda merecía e víña perseguindo durante moito tempo. Posiblemente a resaca de "Aqualung" tivese moito que ver en tal logro, xa que moitos fans norteamericanos comezaron a darse conta do potencial de Jethro a partir deste disco, polo que esperaban con verdaderas ansias a súa nova obra. "Thick as a brick" é o primeiro Lp do grupo no que non encontramos temas separados, senón unha única canción que dura todo o disco, sen pausas ou interrupcións de ningún tipo, tan só o tempo que se tarda en cambiar de cara o álbum. Isto xa resultaba novedoso por sí só, aínda que non era o único novo na música da banda.
 
Así, podemos encontrar múltiples facetas novedosas, coma pode ser o formato do disco, en forma de periódico desplegable con numerosas páxinas nas que aparecen noticias de todo tipo, cheas de sarcasmo e humor. Xunto a este aspecto "visual", o son do grupo é moito máis elaborado, os arranxos comezan a ser extremadamente difíciles. Os cambios rítmicos, melódicos etc., sucédense sen parar, achegando cada un deles unha nova perspectiva do que estamos escoitando. A conxunción entre os membros da banda resulta aplastante. Moitos dudaron de que "Thick as a brick" puidese executarse en directo de forma adecuada, tal era o grao de dificultade instrumental do disco, pero equivocábanse, xa que a banda ofrecerá parte do que aparece no álbum nos seus concertos de 1971. "Thick as a brick" levou á banda ó cumio da popularidade e creatividade, aínda que as letras do disco aparecen asinadas por un tal Gerald Bostock, en realidade Ian Anderson preferiu utilizar dito pseudónimo e a truculenta historia dun niñoneno prodixio de oito anos que gaña un concurso de poesía e logo é descalificado por deixar embarazada a unha nena de catorce, como un elemento máis de crítica social e imaxinación creativa, por suposto, como un reclamo para crear interese e incluso polémica entre os seus fans. Con todo, todo queda moi claro se se consulta á Sociedade de Autores Británica, xa que "Thick as a brick" aparece coma unha composición enteiramente de Anderson na súa letra e na súa música.
 
Os concertos de presentación de "Thick as a brick" por todo o mundo acompañáronse dun forte tratamento escénico, produto seguramente da influencia que en Anderson tiveron diversos shows televisivos como o Flying Circus de [[Monty Python]].
Liña 68:
 
=== O bienio conflitivo (1973-1974) ===
1973 foi un ano bastante negativo para a banda, aínda que visto dende a perspectiva actual quizais resulte incomprensible todo o que sucedeu, se nos guiamos por puntos de vista musicais. Xullo de 1973 viu a publicación de "A passion play", novo álbum de Jethro Tull e sétimo ata a data. A xestación deste disco xa estivo chea de dificultades dende o mesmo momento en que se gravaron os temas en estudio. Nun principio ía ser un Lp dobre, con temas independentes, e para iso o grupo trasladouse ós famosos estudios Chateau D’Herouville, cerca de París, onde gravaron as voces e partes instrumentais básicas para tres das caras de dito disco dobre, pero problemas técnicos co estudio de gravación e o desagrado de Anderson polo que se estaba gravando fixeron que se paralizase o proceso e se atrasase a publicación do disco, de maneira que Anderson decidiu aproveitar parte do gravado e rexeitar a outra parte. Deste modo, chegouse á decisión final, que foi a de montar un disco seguindo os pasos de "Thick as a brick", cun só tema en todo o álbum (se exceptuamos a historia que aparece na metade do disco). Novamente aparecían arranxos enrevesados, letras incomprensibles, orixinalidade e un maior acercamento óao mundo do teatro a través dunha historia referente á vida despois da morte. O espectáculo foi presentado oficialmente no Wembley Empire Pool Arena de Londres, ante 8.000 persoas, antes de que o disco vise a luz e diante da prensa e a crítica, que arremeteron sen piedade contra el, ofendendo profundamente a Anderson.
 
Anderson decide anular os concertos previstos para a presentación do disco e romper as súas relacións coa crítica británica. Con todo, "A passion play" alcanzaría o nº 1 nas listas dos Estados Unidos debido ó entusiasmo dos fans do grupo, mentres que en Gran Bretaña o desprestixio na prensa non tivo todo o efecto desexado e logrou alcanzar o posto 13 no top 20. Así e todo, vendo que Jethro Tull tíña máis éxito nos USA que nas illas británicas, Ian Anderson e o seu grupo trasládanse a Norteamérica, onde se establecerán durante unha boa tempada, aducindo problemas coa crítica británica e a forte presión fiscal á que se vían sometidos. As verdadeiras razóns poideronpuideron ser outras, como se verá no apartado de "citas", en palabras do propio Anderson.
 
Durante o período de tempo no que Jethro Tull se mantiveron inactivos, os fansseareiros comezaron a mostrar certa preocupación, xa que non lles chegaban noticias sobre a banda, algo óao que non acostumaban, posto que o grupo sempre fora portada das revistas especializadas e foco de atención de tódalas miradas. ÓAo mesmo tempo, outras bandas como Led Zeppelin, [[Rolling Stones]], [[The Who]] ou [[Pink Floyd]] tomaron o relevo como mellores grupos do momento, relegando a Jethro a unha posición secundaria. O grupo de Anderson pagaría moi caro ese período de inactividade e a súa inimizade coa crítica británica, daquela moi influente na do resto de Europa, ata o punto de que Jethro Tull xamais volvería ós postos de privilexio que alcanzaran con anterioridade, a pesar de que durante os anos seguintes se publicaron outros álbums.
 
A comezos de 1974 aparecen as primeiras noticias referentes á banda, que falaban dun novo proxecto de Ian enfocado cara o cine. En realidade tratábase de realizar unha película coa música do grupo xunto a unha orquestra sinfónica completa. O guión da película estaba xa escrito e trataba sobre a historia alegórica dunha rapaza que morre nun accidente e as súas experiencias no máis alá. Por desgraza, o tema non resultou atractivo para os produtores da película, que propuxeron a Anderson que lles cedese o control artístico do proxecto. O líder de Jethro Tull negouse, polo que todo quedou cancelado óao retirarseretirárense os produtores da película e non poder encontrar financiamento para o mesmo. Afortunadamente, o que si se levou a cabo foi a realización dun novo álbum, co título de "War childChild". Este novo traballo retomaba o formato típico de temas individuais e de curta duración, en aras da facilidade para elixilos á hora de tocar en directo. A pesar de que o disco tíña un alto nivel de calidade, non é un dos mellores do grupo, razón pola cal resulta estraño que a crítica acollese o álbum con entusiasmo, quizais nunha estratexia de "reconciliación" coa banda, reconciliación que non se produciu na súa totalidade. En calquera caso, o certo é que "War childChild" é un dos discos menos coherentes do grupo, nos que o son afástasese afasta bastante das bases asentadas cos seus anteriores álbums, coa excepción de "A passion play".
 
En ámbolos dous discos, Ian Anderson atrévese co [[saxofón]], se ben o abandonaría posteriormente por razóns descoñecidas. Con todo, o mellor de "War childChild" foron, sen dúbida, os seus concertos en directo, dos cales escribiuse no seu momento que foron os mellores de toda a historia da banda, cheos de efectos visuais e sonoros, cun son impecable e unhas actuacións dos músicos moi dinámicas. Nestes concertos intervirían catro rapazas formando unha sección de corda e espidas de cintura para arriba. Respondían ós nomes de Elizabeth Edwards, Rita Eddowes e Helen, todas óao violín, e Katharine Thulborn óao violonchelo. Tamén participarían no seguinte disco da banda en estudio. Con todo, as actuacións de Jethro Tull en España, en 1974 (ano no que viñerona visitaron por primeira vez ó noso estado), non contaban con esta parte do espectáculo, prohibida pola censura, e as catro actuaractuaron ben cubertas.
 
"War childChild" publicouse en octubro de 1974, en metade dunha xigantesca xira que o grupo realizou polos Estados Unidos, Xapón, Australia, Europa, etc. Alcanzou o nº 2 nas listas dos Estados Unidos e o nº 14 nas de Gran Bretaña, uns resultados similares ósaos de "A passion play", o "disco maldito" do grupo. Embriagados polo éxito dos seus concertos, cada vez máis fans acudían ósaos lugares nos que actuaban Jethro Tull para admirar as loucuras de Anderson sobre o escenario, a posta en escena da banda, o seu impecable son e, sobre todo, a un grupo que dende había varios anos pertencía á elite do rock. Como datos máis significativos, pódese dicir que na actuación da banda no Forum de [[Los Angeles]] víronllesvíronos en directo máis de cen mil persoas e que en Estados Unidos conseguiron que máis dun millón de fansseguidores asistisen ós seus concertos.
 
Durante este mesmo ano, Ian Anderson aínda tivo tempo para producir un dos mellores discos do grupo de folk-rock [[Steeleye Span]], "Now we are six", no que se adivina facilmente a man de Anderson en cada unha das cancións, e sobre todo no son do grupo, en especial da sección rítmica de baixo e batería.
 
=== O retorno triunfal (1975-1976) ===
A comezos do ano 1975, Ian Anderson consegue un dos seus obxectivos máis perseguidos: ter estudio de gravación propio para a banda. Trátase nada máis e nada menos que dos míticos Maison Rouge Studios, que ademais dun estudio fixo dispoñían doutro móbil. Nada mellor para estrenalos que embarcarse na gravación dun novo disco, así que durante os dous primeiros meses do ano concéntranse en gravar os temas para o seu próximo álbum, que sairía á venda en marzo co nome de "Minstrel in the gallery", a pesar de que nun principio íase titular "Tears in the eyes of the minstrel" (lágrimas nos ollos do trobeirotrobador). Un cambio de última hora, seguramente para acurtar o nome e facelo máis accesible óao público en xeral, foi o responsable do título dun dos mellores discos de Jethro Tull en toda a súa carreira. O disco chegou óao nº 7 nos Estados Unidos e óao nº 20 en Gran Bretaña, resultados que poden parecer peores que os dos seus antecesores, pero que non o son tanto se temos en conta que a banda non actuou en directo ese ano para promocionar o disco.
 
Así pois, considerando esta falta de potenciación comercial, será máis fácil darse conta da magnitude de "Minstrel in the gallery", que óao longo dos anos seguintes se converteu no disco máis vendido de Jethro Tull tras "Aqualung" e "Thick as a brick". A razón deste éxito de vendas hai que buscala na conxunción da faceta acústica e medieval do grupo coa súa vertente máis rockerarockeira, de forma que hai temas que se aproximan en varias das súas partes moito óao rock duro. ReferimonosReferímonos, concretamente, á introdución da guitarra eléctrica de Martin Barre no tema que dá título ó disco, a parte rápida de "Cold wind to Valhalla" e as partes de guitarra eléctrica de "Black satin dancer". Esta enerxía contrasta coa delicadeza e fraxilidade doutras dúas pezas: "Requiem" e "One white duck". A faceta máis barroca e sinfónica de Jethro Tull tamén estaba presente en "Minstrel in the gallery", concretamente na longa suite "Baker street muse", que se subdividía á súa vezdividía en catro partes e que recuperaba en certo modo o espírito da súa obra máis clásica e elaborada: "Thick as a brickBrick". Igualmente, contribúe a potenciar esta faceta a inclusión do cuarteto de corda femeninofeminino xa mencionado anteriormente.
 
Pese óao nivel de calidade alcanzado polo disco, o certo é que Ian Anderson sempre manifestou non estar moi ledo co excesivo nivel de introspección do mesmo, queixándose repetidamente do que el chamaba "atmosfera festiva" durante a gravación do vinilo.
 
O ano 1976 preséntase para o grupo cunha despedida: a de Jeffrey Hammond Hammond, que decide colgar o seu baixo e dedicarse á pintura. Isto supón un duro golpe para todos, xa que Jeffrey era un vello amigo dende os primeiros días nos que Jethro Tull comezou as súas andanzas, e incluso dende moito antes. Comezou a tarefa de substituír a un home que non só achegaba óao grupo o seu bo facer co baixo, senón unha importantísima imaxe en directo, chea de dinamismo e humor.
 
Non se demoraría moito o relevo na banda, posto que nos plans máis inmediatos estaba a gravación dun novo disco e unha extensa xira mundial. O elixido foi John Glascock, un baixista moi técnico e versátil que traballara xa co grupo [[Carmen, grupo|Carmen]], e óao que incluso o mesmo [[Ritchie Blackmore]] pretendía para o seu grupo [[Rainbow]]. Anderson coñecía a Glascock dende había un ano, non só polo feito de que o seu grupo ''Carmen'' fose abreconcertos de Jethro Tull na xira de "War Child", senón tamén pola mediación da vocalista de dito grupo, Angela Allen, amiga persoal de Ian, e principal valedora de Glascock, ata o punto de recomendarlle persoalmente óao líder dos Tull a súa contratación para o grupo, unha vez disoltos Carmen. A pesarpesares de que a música deste peculiar grupo era un flamenco-rock bastante estraño e pouco tiñan que ver co que facían Jethro Tull, o certo é que John Glascock demostraría pronto ser unha excelente adquisición para a banda, compenetrándose de inmediato cos demais músicos e traendo un ar fresco e renovador coa súa mestría óao baixo e a súa capacidade para facer coros.
 
Paralelamente, e no mesmo mes de xuño dese ano, publicaríase "M.U. - The best of Jethro Tull", primeiro disco recompilatorio do grupo, que contiña un acertado repaso óao mellor da súa discografía. Aí estaban "Aqualung", un fragmento de "Thick as a brick", "Locomotive breath", "Nothing is easy" e un tema inédito titulado "Rainbow blues" de gran beleza e harmonía, no que aparece por última vez Jeffrey e no que se poden escoitar uns magníficos arranxos de corda por parte dun músico que estaba a punto de converterse en membro fixo da banda: David Palmer. Os resultados obtidos polo disco non foron demasiado exitosos, seguramente debido á proximidade do seu lanzamento en relación co seu predecesor. O certo é que chegou ó nº 13 nos Estados Unidos e ó 44 en Gran Bretaña, vendendo máis de medio millón de discos inicialmente. Pouco máis se pode dicir deste álbum, salvo quizais a anécdota de que as siglas ''M.U.'' fan referencia á Musicians Union, é dicir, óao sindicato de músicos británicos.
 
=== A época folk (1977-1978) ===
A principios de 1977 publicouse o seu novo disco, titulado ''[[Songs from the Wood]]'', que veu precedido polo éxito alcanzado polo EP ''Solstice Bells'', publicado en decembro de 1976 cun tema do ''Songs from the Wood'' ("Ring out Solstice Bells") e dúas cancións inéditas, "Pan Dance" e "March the Mad Scientist", ambos compostos por Anderson en 1974. Unha das moitas novidades que se atopan en ''Songs from the Wood'' é a ampliación do grupo, que pasa de ter cinco membros a seis, coa incorporación de David Palmer como teclista e encargado dos arranxos de forma fixa. O seu labor instrumental iría encamiñado a traballar cos sintetizadores, instrumentos que John Evans xamais conseguiu dominar adecuadamente. Outra das sorpresas foi a orientación musical do grupo, que se encamiñaba cara a derroteiros moito máis medievais e folclóricos. Así o demostraron en tódolostodos os temas do disco, e sobre todo en "The Whistler", "Velvet Green", "Jack-in-the-Green" e "Cup of Wonder". Por outro lado, advertíase unha irrupción moito máis potente dos riffs guitarrísticos orientados cara o [[hard rock]] en moitos dos temas do disco, pero sobre todo en "Hunting Girl", "Pibroch (Cap in Hand)" e "Fire at Midnight".
 
A aparición do álbum vería acompañada con outra aparición, esta vez do grupo, no programa "Top of the popsPops", de notable impacto entre a audiencia. "Songs from the woodWood" alcanzou o posto nº 8 nos Estados Unidos e o 13 en Gran Bretaña, produto da calidade do disco e do tour mundial polos Estados Unidos, Europa e, por primeira vez en tres anos, Gran Bretaña. Tal acontecemento mereceu o interese da BBC, que retransmitiu unha hora completa de Jethro Tull en concerto por televisión e radio simultaneamente. VerdaderamenteVerdadeiramente, "Songs from the woodWood" é unha das pezas clave na carreira do grupo e un dos seus mellores álbums, quizais o mellor tras "Aqualung", "Thick as a brick" e "Bursting out".
 
"Songs from the woodWood" é un referente obrigatorio para todo o que desexe coñecer o mellor rock progresivo de influencia folk. O single elixido foi "The whistler", que apareceu cun tema inédito na súa cara B: "Strip cartoon", composto en 1976 por Ian Anderson e gravado no Ridge Farm Studio de Surrey, en Inglaterra.
 
O ano cerra para o grupo cun novo disco recompilatorio titulado "Repeat-The best of Jethro Tull vol. II", que resulta ser un fracaso comercial, xa que só chegou óao nº 94 nos Estados Unidos e non alcanzou o top 50 de Gran Bretaña. Era quizais demasiado pedir ósaos fans que respondesen favorablemente ante a segunda recompilación de temas do grupo en menos de dous anos. A pesar do seu fracaso, "Repeat..." ten un tema moi interesante, como é "Glory row", unha canción que pertence á época de "War childChild" e que foifora rexeitada para dito disco, pero que agora aparecía como reclamo comercial, posto que só aparecera con anterioridade en España, onde a censura substituíu "Locomotive breath", do disco "Aqualung", por este tema.
 
== Discografía ==