Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 185:
Unha importante característica da dixestión anaerobia é a produción de [[biogás]] (cuxo principal compoñente é metano útil), que pode utilizarse para a xeración de electricidade ou en caldeiras para quentar auga ou calefacción. Moitas instalacións grandes utilizan o biogás combinadamente para producir calor e electricidade, usando a auga de refrixeración dos xeradores para manter a temperatura da planta de dixestión aos 35 ± 3 °C necesarios.
 
=== Dixestión aeróbicaaerobia ===
A dixestión [[organismo aeróbicoaerobio|aeróbicaaerobia]] (unha parte do proceso dos lodos activados) é un proceso bacteriano que ocorre en presenza de oxíxeno. En condicións aeróbicasaerobias, as bacterias consomen rapidamente a materia orgánica e convértena en [[dióxido de carbono]]. Os custos de funcionamento adoitan ser moito maiores que na dixestión anaeróbicaanaerobia, debido á enerxía gastada polos sopradores de aire, bombas e motores necesarios para engadir oxíxeno ao proceso. Porén, os avances tecnolóxicos recentes como sistemas de filtros aireados non eléctricos, que utilizan correntes de aire naturais para a aireación en vez de maquinaria que funciona con enerxía eléctrica, abaratan o proceso.
 
A dixestión aeróbicaaerobia pode conseguirse tamén utilizando sistemas difusores ou aireadores a chorro para oxidar os lodos. Os difusores de burbullas finas son normalmente o mellor método de difusión en canto a custo-eficiencia, pero a conexión é xeralmente un problema debido a que se depositan sedimentos nos pequenos buracos por onde debe saír o aire. É máis común o uso de difusores de burbullas grosas nos tanques de lodos activados (xeralmente un proceso colateral na xestión das augas residuais) ou nas fases de floculación. Un factor clave para seleccionar o tipo de difusor é asegurarse de que producirá a taxa de transferencia de oxíxeno necesaria.
 
=== Compostaxe ===