Conversa Wikipedia:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 251:
Boas, [[Usuario:Banjo|Banjo]] trouxo o [[Modelo:Barra portal]] que sirve para poñer os portais que se engadan nun artigo nunha barra horizontal, xa que agora ó haber tantos e poñerse varios no mesmo artigo poden facer que se rompa a maquetación das seccións finais. A idea, se vos parece ben, é que se use este modelo no caso de engadirse varios portais ó mesmo artigo. Tamén habería que decidir onde poñelo, se despois das caixas de navegación que teña o artigo ou noutro sitio. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 7 de maio de 2016 ás 01:08 (UTC)
:Cando hai un ou dous portais e a sección Véxase tamén é relativamente extensa o modelo {{m|portal}} é suficiente, pero a maior número de portais ou cando tamén hai varios modelos de proxectos irmáns ráchase a estrutura da sección en moitas ocasións e resulta insuficiente. {{m|Barra portal}} é unha solución bastante eficiente para incluír estas ligazóns cando o número de portais relacionados é elevado. Na miña opinión debería ir baixo as caixas de navegación e enriba da caixa de {{m|control de autoridades}}. O modelo emprega o ''framework'' de {{m|Navbox}}, ó igual que a de control de autoridades e as caixas de navegación, polo que se integra ben con ámbolos dous tipos de modelos. [[User:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo''''']]</span> <sup>[[User talk:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me''''']]</span></sup> 7 de maio de 2016 ás 01:21 (UTC)
== Proposta para engadir correcións ==
[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> propúxome que as correccións sobre as maiúsculas e minúsculas que estiven a facer as escribise aquí para que non se volvan a repetir. Parécevos ben? Adoito preguntar ao Seminario de Lexicografía da RAG sobre estas cuestións antes de cambialas (aínda que aparezan noutras obras como en [http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/52de7040054d5-pautas_correcto_uso_linguaxe.pdf Pautas para un correcto uso da linguaxe]). Déixovos aquí a última cuestión que lles deixei:
:As «Pautas para un correcto uso da linguaxe» da Universidade de Vigo di:
:«No caso de apareceren os substantivos: guerra, batalla, cruzada etc., escribiranse en minúscula por tratarse de nomes xenéricos: guerra dos Seis Días, guerra dos Trinta Anos, guerra dos Balcáns, guerra das Malvinas, batalla :de Estalingrado, batalla das Ardenas, batalla do Ebro. Cando o substantivo vai acompañado dun ou máis adxectivos vai todo en minúscula: guerra civil española, segunda guerra mundial, primeira guerra irmandiña, guerras :púnicas, primeira cruzada, guerras cántabras». É correcto seguir este criterio? Escríbese primeira guerra mundial e guerra civil española?
Eles respondéronme:
:Esa mesma indicación é a que se ofrece, por exemplo, na obra Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei, polo que se trata dun criterio estendido sobre a utilización das maiúsculas nestes casos. De todos os xeitos, na :obra mencionada dise que “O uso das maiúsculas obedece en parte a criterios lóxicos, pero non sempre hai regras fixas para o seu emprego, e en moitos casos é froito da tradición escrita.” É dicir, é unha convención que :obedece ás veces a normas de estilo e que pode mudar no tempo.
Estades de acordo en cambiar Primeira Guerra Mundial por primeira guerra mundial?--[[Usuario:Isili0n|Isili0n]] ([[Conversa usuario:Isili0n|conversa]]) 7 de outubro de 2016 ás 15:08 (UTC)
|