Federico Luppi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2450602
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Como moitos outros actores, pasou por diversos traballos antes de probar sorte no teatro. A súa primeira película foi ''Pajarito Gómez'' ([[1965]]), e a súa consagración cinematográfica (o xénero actoral no que tivo máis continuidade) produciuse grazas ao filme ''El romance del Aniceto y la Francisca''. Logo de converterse nun dos actores arxentinos de maior prestixio nacional e internacional, decidiu radicarse en España no ano [[2001]], airadoirado pola implantación do ''corralito''.
 
En España participou de importantes realizacións, pero tamén traballou en series de televisión e mesmo foi o protagonista da obra ''El guía del Hermitage'' en [[2008]], logo de 10 anos sen efectuar traballos teatrais. Ademais probou sorte como director, coa película ''Pasos'', de produción española.<ref>[http://www.periodicocnt.org/315agosep2005/24/ Cinema: vasquitos e nesquitas]</ref> Tras pasar por varias produtoras, a mesma rodouse en xaneiro/febreiro de [[2004]] e chegou aos cinemas en [[xuño]] de [[2005]]. As actrices Ana Fernández e Susana Hornos alzáronse cos premios a ''Mellor Actriz'' no Festival Iberoamericano de Villaverde e a ''Actriz Revelación'' no Festival Cinespaña de [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) respectivamente por esta película.