Diferenzas entre revisións de «Hänsel e Gretel»

corrixo *siquera
m (→‎Bibliografía: Arranxos varios, replaced: |coautor= → |autor2= using AWB)
(corrixo *siquera)
Este conto relata a aventura dos irmáns Hansel e Gretel, fillos dun pobre leñador, que de acordo coa dona, decide abandonalos na [[foresta]] porque a familia non ten condicións para os manter. No camiño pola fraga, Hansel e Gretel espallan migallas de [[pan]]. Os paxaros comen finalmente as migallas, que é o detalle máis coñecido e característico da obra, polo que Hansel e Gretel acaban perdidos na foresta.
 
Na tentativa de atopar o camiño de volta, os rapaces atopan unha casa feita de doces e, coa fame que teñen, comezan a comer as [[lambonada]]s. Son entón collidos pola dona da casa que resulta ser unha [[bruxo|bruxa]]. A vella planea engordar os [[neno]]s para despois comer a súa carne. Mentres Hansel comía e engordaba, Gretel traballaba na casa para ser a próxima.
 
Porén, espertos, os rapaces descobren o plan da bruxa e engánana botándoa dentro do propio forno. Xa ceibos, Hansel e Gretel atopan a seu pai, cuxa muller morrera, e voltan para casa levando consigo provisións de abondo para o resto da súas vidas.
Por ser unha historia moi curta, foi pouco aproveitada como [[longametraxe]] infantil. En [[1932]], a [[Disney]] produciu unha adaptación do conto nun episodio da serie de curtametraxes ''[[Silly Symphonies]]'' chamada ''Babes in the Wood'' (Meniños no bosque), que mostraba a Hansel e Gretel visitando a casa da bruxa dos doces. Nesta versión, porén, a bruxa transforma os nenos en animais, e ao final os irmáns ceiban a outros rapaces da casa e usan as súas propias pocións para a petrificar. En [[2002]] houbo un filme homónimo á historia que retrataba a Hansel e Gretel coma personaxes dunha historia narrada. Outra [[curtametraxe]] inédita da [[Disney]] pódese ver no especial de [[halloween]] do programa ''[[House of Mouse]]'', na que [[Mickey]] e [[Minnie]] son Hansel e Gretel.
 
En [[2007]] a historia de Hansel e Gretel sae na serie de libros [[Dragóns de Éter]], de [[Raphael Draccon]], que profunda infinitamente os antigos contos e relata unha versión da historia nunca antes vista ou siquerasequera imaxinada.
 
En [[2013]] estréase ''[[Hansel and Gretel: Witch Hunters]]'', un filme de acción e terror baseado no conto. Nesta versión máis adulta, Hansel e Gretel son xa mozos e tornáronse en cazadores profesionais de [[bruxa]]sbruxas. Ao longo do filme, os irmáns descobren que a súa nai era en verdade unha bruxa boa que os abandonou no bosque para protexelos dunha bruxa malvada.
 
== Véxase tamén ==
54.709

edicións