Organoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=vez
Liña 5:
'''Organoloxía''' (do [[lingua grega|grego]]: {{lang|grc|ὄργανον}} - organon, "instrumento" e ''λόγος'' - logos, "estudo") é a ciencia que estuda os [[instrumento musical|instrumentos musicais]] e a súa clasificación. Comprende o estudo da historia dos instrumentos, os instrumentos empregados en diferentes culturas, aspectos técnicos da produción de son e clasificación musical. Existe unha gran diferenza entre organoloxía e [[acústica]], [[etnomusicoloxía]] e [[musicoloxía]].
 
Un gran número de culturas antigas deixaron documentos que detallaban instrumentos musicais e o rol que estes desempeñaban na sociedade; algúns destes documentos incluían, aás veces, sistemas clasificatorios. Mais os primeiros documentos en Occidente datan do [[século XVI]], traballos como ''Musica Getuscht Und Ausgezogen'' (1511) de [[Sebastian Virdung]], e ''Música Instrumentalis Deudsch'' (1529) de [[Martin Agricola]].
 
Un dos organólogos máis importantes do [[século XVII]] é [[Michael Praetorius]]. A súa obra ''[[Syntagma Musicum]]'' (1618) é un dos traballos máis citados e máis estudados dese tempo e deste tema, ademais de ser unha obra que describe o que se coñece como [[renacemento]] musical no que a instrumentos se refire. A obra ''Theatrum Instrumentorium'' (1620) tamén de Praetorius contén, posiblemente, os primeiros bosquexos do que eran os instrumentos africanos, nunca antes mostrados en publicacións europeas.