Lucio Urtubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 18:
Lucio Urtubia naceu en Cascante nunha familia moi pobre de 5 irmáns, dentro da Navarra [[Carlismo|carlista]]. O seu pai entrou no cárcere por carlista e saíu convertido en comunista. Con 19 anos Lucio oíu da súa boca por vez primeira vez a palabra que marcaría a súa vida: "Si pudiera volver a empezar, sería anarquista".
 
Recrutado para o servizo militar, axiña descubriu a facilidade para realizar contrabando na fronteira hispano-francesa. Máis tarde, con outros compañeiros do servizo, desvalixou un almacén da compañía onde prestaba o servizo militar. Ó ser descuberto, desertou e fuxiu a [[Francia]] en 1954, xa que os delictosdelitos cometidos podían levar aparellada a [[pena de morte]].
 
En [[París]] comezou a traballar de [[albanel]], oficio que o acompañou toda a súa vida. Comezou a relacionarse coas Mocidades Libertarias da [[Fédération Anarchiste]], radicada en Paris, en principio para aprender o idioma, pero máis tarde plenamente convencido polas relacións que alí iniciou, que incluían entre outros a [[André Breton]] e a [[Albert Camus]].
Liña 27:
Máis tarde abandonaría estas actividades "por miedo a hacerle daño a los empleados de los bancos".
 
Xa anteriormente comezara a súa actividade de falsificador, de maneira que non había guerrilleiro ou exiliado político que non tivese documentos falsos saídos da man de Lucio. Uniuse con outros compañeiros libertarios nos anos 60 para falsificar moeda, coa que financiaban a numerosos grupos por todo el mundo, á vez que procuraban desestabilizar as economías capitalistas. Subseguintemente con estas actividades, en plena invasión da [[Invasión de Baía de Cochinos|Baía de Cochinos]], propuxo á embaixadora de [[Cuba]] en [[Francia]], [[Rosa Simeón]], destruirdestruír con explosivos intereses estadounidenses en [[Francia]], ó que esta se negou. Porén, resultou tentada coa proposta que lle fixo de falsificación masiva de dólares americanos, dos que lle levaba unha mostra. Foi entón cando a embaixadora mediou para presentarlle ó [[Che Guevara]] en 1962, ó que lle presentou o seu plan de falsificación a gran escala de dólares, sendo rexeitado por el mesmo, naquel momento Ministro de Interior da Revolución Cubana. Saíu Lucio desencantado da reunión, o Che dixéralle que os EE.UU. seguirían sendo ricos malia todo, decatándose de que o revolucionario [[Arxentina|arxentino]] empezaba a estar cansado do rumbo que tomaba a política na illa.
 
O seu golpe mestre e que lle cambiou a vida foi a falsificación de cheques do [[City Bank]], dos que realizou 8.000 follas de 25 cheques de 100 dólares cada un, co que estivo a piques de facer quebrar o banco, que sofriu unha importante caída na súa cotización en bolsa. Este diñeiro foi empregado, como sempre, na axuda de movementos guerrilleiros en Latinoamérica ([[Tupamaros]], [[Montoneros]] etc.), á vez que conseguía axeonllar ó banco. Malia a espectacularidade da falsificación, só foi condenado a 6 meses de cárcere, mercede á axuda que lle prestaron case tódolos avogados progresistas de [[Francia]], e a un acordo extraxudicial co City Bank, que foi forzado a retirar os cargos a cambio das planchas de gravación.