Diferenzas entre revisións de «Celestino I, papa»

sen resumo de edición
(*Recabar > conseguir.)
Sem resumo de edição
Como os rumores eran cada vez máis fortes en Roma, Celestino decide que sexa San [[Cirilo de Alexandría]] quen investigue o caso, achando este que Nestorio os profesa de forma aberta, polo que fai un reconto e remíteo a Celestino, quen as tacha de herexía. Mais Cirilo conseguía máis información. Celestino adícase a limpar Roma das herexías do maniqueos e outras que non deixaban paz na relixión. Contou para iso coa axuda de dúas personalidades moi importantes da época: por un lado [[Gala Placidia|Placidia]] que estaba en contacto con Celestino, e pola outra [[Valentiniano III]] (fillo da mesma) que executaba os requerimentos da súa nai. Deste xeito, Celestino, puido excluír a Coelestio (ou Coelestius) xa que parecía ser o discípulo máis asociado a Pelaxio (ou Pelaxius) aproveitando a condena da seita do Consello de Efesio. Firme defensor dos canons antigos, os cales lle fai ver os bispos de [[Illiria]] e aremolina o canones de vella data (que recabara o anterior vicario: o bispo de [[Tesalónica]]), sen os cales non estaba permitido consagrar a ningún bispo ou facer algún concilio. Na mesma liña (o 26 de xullo de 428) escribe aos bispos de [[Viena]] e [[Narbona]] (nos que aproveita para recordalles os canons orixinais, alentados na súa resistencia as pretensións da Sede de [[Arles]]), Cesletino cumpre con iso as observancias do seu predecesor (que segundo os historiadores, non era outro que San [[Sisto III, Papa|Sisto III]]).
 
Co andar do ano [[429]], Celestino dedícase a enviar unhas cartas a San Xermán de Auxerre e San Lupo de Troyes que, ánaquel sazónmomento, estaban en [[Bretaña]] (terra nai de [[Pelaxio]]), pero tampouco desperdiciou a ocasión de enviar cartas a uns cantos bispos da [[Galia]], os cales, xunto cos primeiros, logran ir erradicando as herexías da rexión. Non deixa por iso Celestino de coida-los aspectos da Igrexa Romana, centrándose nos santuarios, sendo a máis favorecida a igrexa de Santa María (na zona de [[Trastevere]]) que fora vítima do saqueo bárbaro de Roma; tamén dedicou atención á igrexa de Santa Sabina e decorou o cemiterio de Santa Priscila. Home incansábel que aproveita o resto do tempo para escribir, deixou unhas 16 cartas e un fragmento do discurso sobre a herexía nestoriana. Coa entrada do ano 430, Celestino ordena o [[Sínodo de Roma]] polo cal pide que Nestorio se retracte das súas herexías, non vendo a comparecencia deste; Celestino decide condenar de forma solemne o erros de Nestorio e ordena a San Cirilo que o deixe incomunicado e deposto co aviso de que dispuña de 10 días para retractarse dos seus erros mediante escrita, baixo anatema de non o facer. Cirilo, que xa levaba dende a primavera de [[429]], realizando o seu labor de reconversión na prol de Celestino, nese tempo ata o comunicado presente do [[Papa]], de rebate-la dualidade das persoas en [[Cristo]] e a negación da maternidade divina de María; polo que, en media provisoria, ademais escribe unha carta longa os monxes de [[Exipto]] sobre do tema.
 
O mesmo día que Celestino fai a escrita a [[Nestorio]], tamén aproveita a facer unha misiva para os clérigos, a xente de Constantinopla e personalidades importantes da época (Xoán de Antioquia, Xuvenal de Xerusalén, Flaviano de Filipi, Rufo de Tesalónica e outros) nos que anuncia a sentencia contra Nestorio e lle indica a Cirilo a execución da súa decisión. Como Nestorio non responde, Cirilo envíalle a sentenza papal e o seu propio anatema. Entón o emperador [[Teodosio II]], a petición de Celestino e apoiado por [[Valentiniano III]], convoca o [[Concilio de Éfeso]] para o día de Pentecoste. Entramos así no ano [[431]]; Celestino non pode acudir ao concilio por mor de outros traballos pendentes de grao maior, polo que envía (con plenos poderes) a tres persoas: os bispos Arcadio (ou Arcadius) e Proxecto (Projectus) coma delegados do Papa e o crego, Filipo, que deberán actuar en coordinación con Cirilo, que abrirá a sesión do Concilio de Éfeso o [[22 de xuño]] (exercendo coma delegado do Papa). Así mesmo decide enviar o bispo [[Paladio]] (ou Palladius) para evanxeliza-los recunchos de [[Irlanda]], facéndose cargo do "Scots" (escotos) (que xa crían en Xesús).
7.964

edicións