Lucio Urtubia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei "á sazón" por "naquel momento"
Liña 27:
Máis tarde abandonaría estas actividades "por miedo a hacerle daño a los empleados de los bancos".
 
Xa anteriormente comezara a súa actividade de falsificador, de maneira que non había guerrilleiro ou exiliado político que non tivese documentos falsos saídos da man de Lucio. Uniuse con outros compañeiros libertarios nos anos 60 para falsificar moeda, coa que financiaban a numerosos grupos por todo el mundo, á vez que procuraban desestabilizar as economías capitalistas. Subseguintemente con estas actividades, en plena invasión da [[Invasión de Baía de Cochinos|Baía de Cochinos]], propuxo á embaixadora de [[Cuba]] en [[Francia]], [[Rosa Simeón]], destruir con explosivos intereses estadounidenses en [[Francia]], ó que esta se negou. Porén, resultou tentada coa proposta que lle fixo de falsificación masiva de dólares americanos, dos que lle levaba unha mostra. Foi entón cando a embaixadora mediou para presentarlle ó [[Che Guevara]] en 1962, ó que lle presentou o seu plan de falsificación a gran escala de dólares, sendo rexeitado por el mesmo, ánaquel sazónmomento Ministro de Interior da Revolución Cubana. Saíu Lucio desencantado da reunión, o Che dixéralle que os EE.UU. seguirían sendo ricos malia todo, decatándose de que o revolucionario [[Arxentina|arxentino]] empezaba a estar cansado do rumbo que tomaba a política na illa.
 
O seu golpe mestre e que lle cambiou a vida foi a falsificación de cheques do [[City Bank]], dos que realizou 8.000 follas de 25 cheques de 100 dólares cada un, co que estivo a piques de facer quebrar o banco, que sofriu unha importante caída na súa cotización en bolsa. Este diñeiro foi empregado, como sempre, na axuda de movementos guerrilleiros en Latinoamérica ([[Tupamaros]], [[Montoneros]] etc.), á vez que conseguía axeonllar ó banco. Malia a espectacularidade da falsificación, só foi condenado a 6 meses de cárcere, mercede á axuda que lle prestaron case tódolos avogados progresistas de [[Francia]], e a un acordo extraxudicial co City Bank, que foi forzado a retirar os cargos a cambio das planchas de gravación.