Ferenc Puskás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=pesar
Liña 107:
Xunta [[Zoltán Czibor]], [[Sándor Kocsis]], [[József Bozsik]] e [[Nándor Hidegkuti]] formaría o núcleo dan lendaria escuadra que ficou 32 encontros sen coñece-la derrota.<ref name="Scotsman">{{Cite web | title=Galloping Major gave us finest hour at Hampden|work=The Scotsman| url=http://sport.scotsman.com/football_international.cfm?id=1709652006| accessdate=10 de decembro de 2006}}</ref>
 
Ao longo desta etapa de imbatibilidade gañaron a medalla de Ouro nos [[Xogos Olímpicos de 1952]], vencendo a [[Selección de fútbol de Iugoslavia|Iugoslavia]] por 2-0 na final disputada en [[Helsinqui]]. Puskás anotaría catro goles no torneo.<ref name="RSSSF goals"/>. A pesarespesar deste éxito aínda foi máis sonada a lección de fútbol que lle deron a [[Selección de fútbol de Inglaterra|Inglaterra]] no [[Estado de Wembley]], cando en [[1953]] os derrotaron por 3-6. Isto converteunos no primeiro equipo da Europa continental en gañarlle á selección inglesa na súa propia casa.<ref name="Times"/>. A humillación para os ingleses non remataría aquí. Ao ano seguinte, [[1954]], devólvenlles a visita e xogan un encontro en [[Budapest]]. Os maxiares vencen de novo, desta volta por 7-1. Puskás anotou dous goles en cada encontro contra Inglaterra.
 
En [[1953]] tamén conseguen gaña-la [[Copa Dr. Gerő]], un trofeo entre seleccións nacionais da Europa Central que tardou cinco anos en completarse. Hungría remata na cabeza da clasificación con once puntos e Puskás é nomeado máximo anotador do torneo con 10 goles. O encontro que lles deu o trofeo foi a vitoria contra a [[Selección de fútbol de Italia|Italia]] por 0-3 nun encontro disputado na cidade de [[Roma]].
Liña 115:
Tras vencer ó [[Selección de fútbol de Brasil|Brasil]] no que se deu en chamar "[[A batalla de Berna]]", gánanlle tamén a [[Selección de fútbol de Uruguai|Uruguai]], plantándose na final.
 
O derradeiro e máis importante encontro do torneo ía enfrontar de novo ós húngaros contra a Alemaña do Oeste. O adestrador, [[Gusztáv Sebes]] decidiu que Puskás tiña que xogar a pesarespesar de non terse recuperado totalmente do golpe no nocello. Aínda así, ós seis minutos de xogo anota o primeiro tanto para os maxiares. Czibor marca o segundo pouco despois e a vitoria semella encarrilada. Mais a escuadra xermana consegue empata-lo encontro antes do descanso.
 
Quedando só seis minutos para o remate do encontro, Alemaña adiántase no marcador grazas a un disparo coa perna esquerda de [[Helmut Rahn]] que bate a Grocsis. Catro mintus despois, Puskás empata de novo mais o tanto é anulado por un máis que dubidoso fóra de xogo. Ó final, 3-2 para os xermanos.
Liña 121:
En [[1956]] o Honvéd clasifícase para a [[Liga de Campións da UEFA|Copa de Europa]], e son emparellados co [[Athletic de Bilbao]] na primeira rolda. No estado de San Mamés a escuadra vasca imponse por 3-2 e antes de xogarse o encontro de volta estoupa a [[Revolución Húngara]] en [[Budapest]]. Os xogadores maxiares néganse a retornar a Hungría neses intres e conseguen que se poida disputa-lo encontro en [[Bruxelas]].<ref name="Scotsman"/>.
 
A volta remataría cun resultado de empate 3-3 mais o Honvéd cae por un 6-5 no total da eliminatoria. Unha vez eliminados, sacan ás súas familias de [[Hungría]] e realizan unha xira con obxectivo de gañar algúns cartos, xa que neses intres case non tiñan ni para comer. A pesarespesar da oposición da [[FIFA]] e das autoridades húngaras viaxan por [[Italia]], [[Portugal]], [[España]] e [[Brasil]]. Tralo seu retorno á [[Europa]] os xogadores escollen cada un cadanseu camiño. Algúns coma Bozsik retornaron a [[Hungría]], namentres que outros coma Czibor, Kocsis ou Puskás procuraron novos clubs na Europa do Oeste.
 
=== España ===
Liña 138:
Nas seguintes campañas europeas, aínda anotaría outros tres [[tripletes]] máis, incluíndo o da famosa vitoria do [[S.L. Benfica|Benfica]] ó Madrid por 5-3, onde [[Eusébio]] foi a grande estrela da escuadra portuguesa.
 
En [[1962]], Puskás colle a cidadanía española<ref>{{Cite web | title=Ferenc Puskas dies aged 79|work=The Guardian| url=http://football.guardian.co.uk/News_Story/0,,1950418,00.html| accessdate=27 de novembro de 2006}}</ref> e chegaría a xogar catro encontros coa súa [[Selección de fútbol de España|selección]], participando no [[Mundial de Fútbol Chile 1962|Mundial de 1962]] no que non conseguirían pasar da primeira rolda, a pesarespesar de contar con xogadores coma, amais do propio Puskás, [[Alfredo Di Stéfano]], [[Francisco Gento]] ou [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]].
 
== Adestrador ==
Liña 158:
 
== Retiro e derradeiros anos ==
A pesarespesar de caer en desgraza a ollos do goberno, sempre foi considerado un heroe polo pobo húngaro. No ano [[1993]] as autoridades concédenlle o perdón e Puskás volta ó fogar, facéndose cargo por un tempo da [[Selección de fútbol de Hungría|Selección nacional]].<ref>{{Cite web|url=http://thescotsman.scotsman.com/obituaries.cfm?id=1716212006 | title=Obituary:Ferenc Puskas | publisher=The Scotsman | date=2003-11-20}}</ref>
 
En [[1998]] é nomeado un dos primeiros embaixadores de boa vontade da [[FIFA]].<ref>{{Cite web