Xogos Olímpicos de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=pesar
Liña 47:
* Os xornais nazis de [[Alemaña]], controlados por [[Joseph Goebbels]], [[Ministro (goberno)|ministro]] de [[propaganda]] de [[Hitler]], omitiron completamente todas as novas referentes ás vitorias dos negros americanos en [[atletismo]].
* [[Berlín]] asistiu á última presentación pública dun dos maiores heroes olímpicos, o grego [[Spiridon Louis]], campión do [[maratón (atletismo)|maratón]] nos I Xogos, en [[Atenas]], corenta anos antes. Xa vello, Louis entregou en cerimonia a [[Adolf Hitler]] un ramo de olivo collido nas montañas sagradas de [[Olimpia]], inxenuamente, en nome da paz entre os pobos.
* A pesarespesar de que á fin dos Xogos lideraron o cadro de medallas con 33 de [[ouro]], un pouco por riba dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e ben abaixo das súas expectativas, os alemáns tiveron que engulir algunhas derrotas nos deportes colectivos para os que se prepararan durante para vencer. A [[India]] tornouse tricampioa de [[hóquei sobre herba]], [[Italia]] gañou o torneo de [[fútbol]] e [[Hungría]] consagrouse como bicampioa de [[waterpolo]]. Ademais a [[Prensa escrita|prensa]] internacional escolleu como musa dos Xogos á xudía [[Países Baixos|holandesa]] [[Hendrika Mastenbroek]], de dezasete anos, campeioa olímpica de [[natación]] nos 100m, 400m e relevo 4x100. Anos despois, ''Rea'', o [[alcume]] polo que era coñecida, integraría a resistencia subterránea neerlandesa contra a ocupación [[nazi]] do seu [[país]].
* O goberno [[nazi]] non escatimou recursos para prodcir o máis impresionante [[documental]] realizado sobre os Xogos, (''[[Olympia]]'') , dirixido pola [[cineasta]] [[Leni Riefenstahl]], famosa no [[cinema de Alemaña|cinema alemán]] daqueles tempos e protexida do [[ditador]], e feito máis para valorizar as ideas nazis que a competición deportiva en si, que mostra nun branco e negro contrastado, ó gusto de [[Hitler]].
* O [[baloncesto]], o [[piragüísmo]] e o [[balonmán]] fixeron a súa primeira aparición nos [[Xogos Olímpicos]] e o [[Polo (deporte)|Polo]] se despediu deles.