Diferenzas entre revisións de «Juan Durán»

m
Arranxos varios
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
m (Arranxos varios)
Desenvolveu unha certa actividade como instrumentista de [[piano]], no campo do acompañamento e a música de cámara. Pero a súa verdadeira dimensión atópase na creación musical. Socio fundador da [[Asociación Galega de Compositores]], é autor de case un centenar de obras. Cultiva preferentemente o xénero liederístico e a música de cámara.
 
A súa produción camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos etc. Polo que se refire á música escénica é autor dunha ópera (''O arame'' con texto orixinal de [[Manuel Lourenzo]]), dúas cantatas e unha importante produción de lieder con gran variedade de poetas e estilos, que inclúen cancións en [[lingua castelá|castelán]], [[lingua galega|galego]], [[lingua portuguesa|portugués]], [[lingua italiana|italiano]] e [[lingua francesa|francés]]. Atende tamén a produción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: ''Album de Orquesta'' (Premio de Composición outorgado pola [[Universidade Carlos III]] de Madrid), ''O xardín de Margarita'', ''O Señor Biscuit'' etc.
 
Recibiu encargos da [[Consellería de Cultura]] da [[Xunta de Galicia]] (''Longa noite de pedra'', cantata para barítono, coro e orquestra), Concello de Ferrol (''Juegos tímbricos'' para quinteto de metais), [[Orquestra Sinfónica de Galicia]] (''Cantiga Finisterrae'' para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de [[Miguel Anxo Fernán-Vello]]), Festival Mozart (''felizcumpleañosmozart.com''), a [[Real Filharmonía de Galicia]] (''Divertimento'') etc.
* [http://www.musicjuanduran.com/ Sitio web oficial]
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Duran Alonso, Juan}}
 
{{ORDENAR:Duran Alonso, Juan}}
[[Categoría:Compositores de Galicia]]
[[Categoría:Premios da Cultura Galega]]
393.002

edicións