Tailandia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Idade do Bronce +Idade de Bronce)
m fixed typo
Liña 58:
'''Tailandia''' (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: ประเทศไทย, ''Prathet Thai'') oficialmente '''Reino de Tailandia''' (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: ราชอาณาจักรไทย, ''Ratcha Anachak Thai''; {{Audio|Th-pratheidthai raachaanaajakthai.ogg|[râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj]}}), antigamente coñecido '''Siam''' (en [[lingua tailandesa|tailandés]]: สยาม, ''Sayam''), é un país situado no centro da península [[Indochina]] no [[Sueste asiático]]. Comparte fronteiras ao norte con [[Myanmar]] e [[Laos]], ao leste con Laos e [[Cambodja]], ao sur co [[Golfo de Tailandia]] e [[Malaisia]], e ao oeste co [[Mar de Andamán]] e o extremo meridional [[Myanmar|birmano]]. As súas fronteiras marítimas inclúen [[Vietnam]] no Golfo de Tailandia ao sueste, e [[Indonesia]] e a [[India]] no Mar de Andamán ao suroeste.
 
O país réxese por unha [[monarquía constitucional]] encabezada polo Rei [[Bhumibol Adulyadej|Rama IX]], noveno soberano da Casa de Chakri, quen goberna dende o ano [[1946]]. Isto convérteo no [[xefe de estado]] máis veterano do mundo e no monarca tailandés cun reinado máis longo da historia.<ref name="longestthai">{{cita web|ano=1996 |url=http://www.worldhop.com/Journals/J5/ROYAL.HTM |título=A Royal Occasion speeches|editor=Worldhop.com Journal|dataacceso=[[17 de xuño]] de [[2013]]|lingua=inglés}}</ref> O Rei de Tailandia posúe os cargos de [[Xefe de Estado]], Xefe das Forzas Armadas, Seguidor do [[Budismo]] e Defensor das relixións.<ref>{{cita web|url=http://www.senate.go.th/th_senate/English/constitution2007.pdf|título=Constitution of the Kingdom of Thailand B.E 2550|author=The Secretariate of the House of Representatives|editor=The Secretariate of the House of Representatives|ano= [[2007]]|dataacceso=[[17 de xuño]] de [[2013]]|lingua=inglés}}</ref>
 
Cunha superficie de aproximadamente 513.120&nbsp;km², Tailandia é o 51º Estado [[Lista de países por superficie|máis grande do mundo]] en canto á súa área total e e 20º [[Lista de países por poboación|máis poboado]] con ao redor de 64 millóns de habitantes. A capital e cidade máis grande é [[Bangkok]], centro cultural, político, comercial e industrial do país. Ao redor do 75% da poboación é etnicamente tai, o 14% de orixe [[China|chinesa]] e o 3% [[malaia]];<ref name=CIA>[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/th.html Thailand], CIA World Factbook.</ref> o resto pertence a outros grupos minoritarios como por exemplo os mons, os khmer ou as tribos do outeiro. A lingua oficial do país é a [[lingua tailandesa|tailandesa]] e a principal relixión o budismo, practicado polo 95% dos seus habitantes. O [[calendario]] oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do [[calendario gregoriano]].