Vasco da Gama: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei zarpar por partir
Liña 66:
Antes desta expedición realizouse outra no [[1500]], ao mando do xa mencionado Pedro Álvares Cabral, pero que se desviaría na travesía pola costa occidental de [[África]] e acabaría descubrindo [[Brasil]]. Á súa chegada a Calicut Cabral atopou un ambiente moi hostil xa que aos mercadores árabes e indios non lles gustaba a competencia que os portugueses podían significar. Así comezou unha escalada de violencia; Cabral tomou reféns para asegurarse o dereito de comercio e instalou unha factoría. Porén ao interpretar que se romperan os acordos atacou un barco árabe cargado con especias, polo que a factoría foi atacada e as mercancías portuguesas destruídas. Así Cabral abandonou Calicut e dirixiuse a [[Cochin]], un reino rival, onde foi ben recibido. De todas as maneiras emprendeu a viaxe de volta con grandes perdas materiais o que fixo que caese en desgraza na corte portuguesa.
 
Así é como o [[12 de febreiro]] Vasco da Gama zarpaparte de novo de [[Lisboa]]. No traxecto esixiu o pago dun tributo á [[Kilwa Kisiwani|illa de Kilwa]] (na actual [[Tanzania]]), un dos portos que na primeira viaxe fora hostil, converténdoa en tributaria do Reino de Portugal.
 
Nesta viaxe deuse o primeiro avistamento rexistrado por parte dun europeo das [[Seixeles|Illas Seychelles]], que Vasco da Gama bautizou como ''Ilhas Almirante'', na súa honra.