Teatro de Epidauro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
== Estrutura ==
[[Ficheiro:TeatroEpidauro.jpg|esquerda|miniatura|Teatro de Epidauro]]
O edificio puido conter tras a construción dun terraplén e de bancadas suplementarias, 14000 espectadores. Componse dunha ''orchestra'' circular de terra batida de case 20 m de diámetro. Nela é onde se producen as representacións dramáticas e tamén as evolucións do coro. Ao redor, disponse unha [[cávea]] ultrasemicircular (que sobrepasa os 180º), dividido en dous niveis por un corredor, ou ''[[diazomata]].'' O nivel inferior conta con 34 ringleiras e o superior de 21, observándose a relación do número áureo<ref>{{Cita libro|título=Tras los pasos de los dioses griegos|apelidos=Leveque|nome=Pierre|editorial=Akal|ano=2006|ISBN=9788446022480|ref=}}</ref>. As bancadas existen aínda en gran parte.
 
Unha das principais vantaxes deste teatro, probablemente debido a un coidadoso cálculo do tamaño da escea (''Skene -de [[Spazio scenico|σκηνή]]-'' espazo escénico), e a curvatura da cávea, é o son que amplificado pola perfecta [[Acústica arquitectónica|acústica]] permite escoitar os actores dende as bancadas máis elevadas. Estímase que este teatro puido chegar a ter unha capacidade de máis de 14.000 espectadores<ref>{{Cita libro|título=Tras los pasos de los dioses griegos|apelidos=Leveque|nome=Pierre|editorial=Akal|ano=2006|ISBN=9788446022480|ref=}}</ref> en total, o cal o converte nun dos teatros antigos máis grandes e con maior aforamento.