Patricio Delgado Luaces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:
 
Estilisticamente ten sido cualificada de novela sociopolítica dado o carácter dos feitos xerais narrados. A [[Uxío Carré Aldao|Carré]], porén, impresionoulle máis o asunto traslucido polo título: o abuso sexual dun cacique, de modo que non dubidou en cualificar a novela de naturalista (o propio autor aludía a ''La bête humaine'' de [[Émile Zola]]), o que só en parte aceptou [[Ricardo Carballo Calero]], que preferiu encadrala na sátira social.
[[Ficheiro:Patricio delgado.jpg|miniatura|215px|Patricio delgadoDelgado. ''Xan de Masma''.]]
 
==A linguaxe da novela==
Delgado Luaces posuía un rico vocabulario e unha variada fraseoloxía, procedentes dun galego sen dúbida bebido no mundo rural mindoniense. Con todo mostra coñecer a literatura que entón se facía, da que incorpora solucións que son alleas ao galego da súa zona. Porén a súa gramática transloce con frecuencia o amoldamento a estruturas do castelán, o que non debe por outra banda estrañar, dado que a súa educación letrada regular por forza fora nese idioma, e, sen dúbida, cando escribe, en Cuba, está inserido nun medio que non favorece a escrita doada e espontánea no que temos que supor o seu idioma materno.