Patricio Delgado Luaces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Carlistas mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen notas}}
[[Ficheiro:Patricio delgado.jpg|miniatura]]
[[Ficheiro:Patricio Delgado Luaces, oficial de la facción de David Cornejo, fotografía de Eugenio Lanelongue.jpg|miniatura|200px|Patricio Delgado Luaces, fotografía de Eugenio Lanelongue.]]
'''Patricio Valentín Sisto Delgado Luaces''', nado en [[Mondoñedo]] o 6 de agosto de [[1850]] e finado na [[Habana]] o 25 de abril de [[1900]]<ref>[http://emigracion.xunta.gal/conecendo-galicia/aprende/biografia/patricio-delgado-luaces Lembranza de "Xan de Masma"]</ref>, foi un militante carlista e escritor galego, autor dunha das escasas novelas das letras galegas escritas no [[século XIX]]: ''A Besta!'', que presentou baixo o pseudónimo de '''Xan de Masma'''.
 
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Castelo de Santo Antón na Coruña 16.jpg|miniatura|230px|[[Castelo de Santo Antón]].]]
Escasos son os datos vitais sobre Delgado Luaces. Durante moito tempo coñeceuse a existencia da súa novela publicada con pseudónimo, citada xa na obra de [[Uxío Carré Aldao]] en [[1911]], e aínda que este alude a que coñece o nome do autor, prefire gardar o seu anonimato. Sería [[Xesús Alonso Montero]] quen dese as primeiras noticias certas sobre o autor nun artigo do ano 1970, desvelando o seu nome: ''Patricio Valentín Sisto Delgado Luaces'', que fora bautizado na cidade de [[Mondoñedo]] o [[6 de agosto]] de [[1850]], que fora capitán nunha partida [[Carlismo|tradicionalista]] que actuou durante a [[terceira Guerra Carlista]] nas terras mindonienses, por cuxa causa ingresaría como cativo no [[castelo de SanSanto Antón]] da cidade da [[A Coruña|Coruña]] (consonte datos posteriores sufriría cadea entre [[1875]] e [[1885]]); entéiranos, por último, de que colaboraba na revista cubana ''[[Follas Novas (A Habana)|Follas Novas]]'' e de que faleceu na Habana, posibelmente en marzo de 1900, segundo se deduce dunha necrolóxica inserida en ''[[El Eco de Galicia (A Habana)|El Eco de Galicia]]'', de [[30 de marzo]] de [[1900]].
 
Da lectura da propia novela, infírese que o autor estudou no [[Seminario de Mondoñedo|seminario conciliar]] da súa cidade natal; que coñecía a fondo o ambiente e as persoas de Mondoñedo e a súa comarca; que participou nas loitas políticas do último terzo do XIX (non só presenta a loita na comarca mindoniense, senón que demostra ter participado no propio País Vasco e Navarra); e que foi enviado a Cuba a loitar no [[exército español]] fronte os independentistas.
 
==A novela==
Liña 12 ⟶ 14:
A obra está relatada por un narrador omnisciente, que mostra a visión dos feitos a maneira dunhas memorias, aínda que ese narrador transluce ao propio autor, este na escrita práctica ocúltase. O argumento contrapón as loitas políticas do derradeiro terzo do século XIX entre contendentes que reduce a [[Liberalismo|liberais]] e tradicionalistas. Dado que o autor comunga co ideario carlista, presenta os liberais como amorais en todos os sentidos (desde manipuladores das eleccións a malversadores, pasando por irrelixiosos, se non ateos), concentrando o símbolo totalizador deles na figura dun cacique ("a besta"), sátiro insaciábel, que se aproveita da súa posición social e económica. Por contra a sociedade mindoniense, especialmente o estrato rural, é mostrada como claramente idílica e virtuosa, e ben simbolizada pola figura de Pepiña, obxecto dos desexos da "besta". Esta tranquila sociedade só pode ser conducida á modernidade polo tradicionalismo, respectuoso cos principios morais fundamentados na guía eclesial. Tales valores condénsase na figura de Pedro.
 
Estilisticamente ten sido cualificada de novela sociopolítica dado o carácter dos feitos xerais narrados. A [[Uxío Carré Aldao|Carré]], porén, impresionoulle máis o asunto traslucido polo título: o abuso sexual dun cacique, de modo que non dubidou en cualificar a novela de naturalista (o propio autor aludía a ''La bête humaine'' de [[Émile Zola]]), o que só en parte aceptou [[Ricardo CarvalhoCarballo Calero]], que preferiu encadrala na sátira social.
[[Ficheiro:Patricio delgado.jpg|miniatura|215px|Patricio delgado. ''Xan de Masma''.]]
 
==A linguaxe da novela==
Delgado Luaces posuía un rico vocabulario e unha variada fraseoloxía, procedentes dun galego sen dúbida bebido no mundo rural mindoniense. Con todo mostra coñecer a literatura que entón se facía, da que incorpora solucións que son alleas ao galego da súa zona. Porén a súa gramática transloce con frecuencia o amoldamento a estruturas do castelán, o que non debe por outra banda estrañar, dado que a súa educación letrada regular por forza fora nese idioma, e, sen dúbida, cando escribe, en Cuba, está inserido nun medio que non favorece a escrita doada e espontánea no que temos que supor o seu idioma materno.
 
==A difusión da novela==
Ao ser publicada en folletín, en 187 números, e non ser publicada en volume, o espallamento da obra foi por forza restrinxido e, en principio só ao alcance dos lectores de "Follas Novas". Todo isto aclara o escaso coñecemento da mesma no mundo galego, a pesar de ser citada por Carré en 1911. Sen dúbida, CarvalhoCarballo Calero leu a novela ou ben conseguiu de alguén unha ampla información sobre a mesma por outra persoa. O caso foi que para o lector corrente toda a información sobre a mesma foi indirecta durante bastantes décadas.
 
Só en 1993, [[Modesto Hermida]] e [[Carme Hermida]] puideron publicala na [[editorial Galaxia]], cunha introdución literaria xeral (mais que non fornecía maiores datos sobre a vida do autor) e un comentario lingüístico. Porén a edición non é aínda completa, como confesa Modesto Hermida. Os editores bateron con tres tomos encadernados, mais, a pesar dos seus esforzos, non lograron localizar un hipotético IV tomo que contería a parte final, da que CarvalhoCarballo Calero tivo noticia ou viu directamente. A edición actual de "''A Besta!''" é, por desgraza, incompleta.
 
==Edicións==
Liña 33 ⟶ 35:
{{Commonscat}}
===Bibliografía===
* {{Versaleta|[[Xesús Alonso Montero,|Alonso XesúsMontero, X.]]}}. ''Datos prá biografía de Xan de Masma, primeiro novelista social en galego'', en "''[[Faro de Vigo]]"'', [[12 de abril]] de [[/4/1970]], artigo incluído logo en ''Língua, literatura e sociedade en Galicia''. Madrid.[[Ediciones Akal editor|Akal]]. 1977. ISBN 84-7339-273-6.
*Carballo Calero, Ricardo, ''Historia da Literatura Galega Contemporánea''. Vigo. Ed. Galaxia. 1975 - ISBN 84-7154-227-7 {{Cómpre páxina}}
* {{Cita libro |autor={{Versaleta|Carballo, R.}} |ligazón-autor=Ricardo Carballo Calero |ano=1975 |anoorixinal=1963 |url=http://ecx.images-amazon.com/images/I/51UfTMqN4jL.jpg |título=Historia da Literatura Galega Contemporánea |editorial=Galaxia |páxinas=454-455, 508, 772, 781 |id=ISBN 84-7154-227-7}}
*Alonso Montero, Xesús, ''Datos prá biografía de Xan de Masma, primeiro novelista social en galego'', en "[[Faro de Vigo]]", [[12 de abril]] de [[1970]], artigo incluído logo en ''Língua, literatura e sociedade en Galicia''. Madrid. Akal editor. 1977 ISBN 84-7339-273-6
* {{Versaleta|Comesaña Paz, Alfredo}} (2016). [https://books.google.es/books?id=FicZDQAAQBAJ&lpg=PT503&dq=%22xAN%20DE%20mASMA%22%20%22PATRICIO%20DELGADO%22&hl=es&pg=PT503#v=onepage&q=%22xAN%20DE%20mASMA%22%20%22PATRICIO%20DELGADO%22&f=true ''Hijos del Trueno: La Tercera Guerra Carlista en Galicia y el Norte de Portugal'']. Schedas.
* {{Versaleta|[[Modesto Hermida|Hermida, ModestoM.]]}} e {{Versaleta|[[Carme Hermida|Hermida, Carme,C.]]}}. ''Noticia sobre ¡A Besta !'' e ''Comentario lingüístico'', respectivamente, no prólogo a súa edición da novela en 1993, arriba citada.
* {{Versaleta|[[Eduardo Lence-Santar y Guitián|Lence-Santar y Guitián, Eduardo]]}}: [http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1002610&presentacion=pagina&posicion=88 "Carlistas prisioneros por la Guardia Civil…"] ''Almanaque gallego para: Año 1925''.
* {{Versaleta|[[Xosé Neira Vilas|Neira Vilas, Xosé]]}} (1995). [http://consellodacultura.gal/mediateca/documento.php?id=2917 ''A lingua galega en Cuba'']. p. 65. [[Consello da Cultura Galega]].
 
{{Control de autoridades}}