Bangalore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado modelo
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*maharaja: maraxá
Liña 58:
Pronto precisáronse novos asentamentos. Na década final do século (continuando nas duas primeiras do [[século XX]]) apareceron entre outros, ao norte do bazar, Cleveland Town (1883), Fraser Town e Richards Town; ao sur do Parade, Richmond Town (1883). Tamén na vella Bangalore houbo extensións, ao sur do forte (que coma o vello muro de Pete foi caendo na ruína ata desaparecer): Chamarajpet (1892), Sankarapuram, Basavanagudi (1894 <ref>[http://www.sephis.org/images/b4b02.jpg ''Plano da Basavanagudi, 1894'']{{Ligazón morta}}</ref>); ao norte, Malleswaram (1898, durante a peste que desaloxou a moitos habitantes do centro). Nelas, o contraste entre a súa planificación reticular de rúas amplas e alboradas con prazas e zonas verdes, e a adxacente vella cidade india era absoluto.
 
En 1927, con motivo do Xubileo de Prata do Maharajámaraxá Krishna Raja Wadiyar IV, comezou unha campaña de obras de embelecemento (parques, edificios públicos, hospitais) para facer valer o alcume de Bangalore coma ''Cidade Xardín''.
 
=== Independencia e centro das Tecnoloxías da Información ===