Alianza Regional de Castilla y León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
mSen resumo de edición
Liña 2:
A '''Alianza Regional de Castilla y León''' foi unha asociación castelán-leonesista de carácter moderadamente [[Rexionalismo castelán-leonés|rexionalista]] e conservador xurdida en [[Herrera de Duero]], [[provincia de Valladolid]], en 1975 ao abeiro da Lei de Asociacións de 1964. Cómpre ter en conta que o territorio que reivindicaba esta asociación como Castela e León difería do actual territorio da Comunidade autónoma, pois integraba nesta as entón provincias de Logroño e Santander (hoxe [[A Rioxa]] e [[Cantabria]], respectivamente).
[[Ficheiro:CyL.png|miniatura|Territorio reclamado pola Alianza Regional de Castilla y León.]]
O 15 de decembro de 1975 reuníronse en Herrera de Duero personalidades sobranceiras de todas as provincias das entón rexións de [[Castela a Vella]] e [[Rexión de León|León]] co gallo de constituír unha asociación de carácter rexionalista. Entre os protagonistas do encontro destacaron algúns procuradores nas Cortes Orgánicas como Alberto Cercós Pérez, procurador por [[provincia de Soria|Soria]]; Adolfo Sánchez García, por [[provincia de Valladolid|Valladolid]]; ou Jesús Esperabé de Arteaga González, por [[provincia de Salamanca|Salamanca]], todos eles procuradores polo terzo familiar na X Lexislatura das [[Cortes franquistas]]. O mundo universitario tamén estivo representado entre outros polo [[Provincia de León|leonés]] Alfonso Prieto Prieto, catedrático de Dereito Canónico e Decano da Facultade de Dereito de Valladolid; o [[Provincia de Burgos|burgalés]] Gonzalo Martínez Díez, historiador medievalista e profesor de Historia do Dereito da Universidad de Valladolid e autor do libro ''Fueros sí, pero para todos: os conciertos económicos'' (1977); ou Dionisio Llamazares, director do ''Colegio Universitario de León''. Outras figuras relevantes naquela reunión foron Herminio Ramos, entón concelleiro de Cultura do concello de [[Zamora]]; Fernando Pastora, mestre e pintor; Alfredo Martinez de la Pedraja Abarca, avogado de [[Santander]]; [[Andrés Sorel]], escritor, publicista, e experto en lingua e literatura castelás; e Carmen Cossío Escalante, deputada pola [[Cantabria|provincia de Santander]]. O 8 de maio de 1976 quedaba inscrita no Rexistro de Asociacións a Alianza Regional de Castilla y León.
 
Aínda que se declaraba como unha asociación independente de calquera partido, arredor do 10% dos seus socios militaba nalgún partido político do momento. É o caso por exemplo do presidente da Deputación de Valladolid, Fernando Velasco de Andrés, que se presentará ás eleccións con [[Alianza Popular]]; de Jesús Esperabé de Arteaga, que se presenta coa [[Unión de Centro Democrático|UCD]]; ou da deputada cántabra Carmen Cossío, que o fai co [[PSOE]]. Precisamente por todo isto cara a 1977 a Alianza Regional de Castilla y León empeza a ir tendo cada vez menos actividade, e os seus distintos membros intégranse nos diversos partidos políticos que lles sexan máis favorables ou directamente optan por non ingresar na vía política. Un sector da Alianza Regional de Castilla y León, entestado por Millán Bravo Lozano, decidiu crear a finais de 1977 unha forza política castelán-leonesista baseada nas reivindicacións da asociación, decisión que rematou na fundación de [[Partido Autonómico Nacionalista de Castilla y León|PANCAL]].