Santarém, Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 16:
O dominio islámico rematou en 1147, cando [[Afonso Henríques]], o primeiro monarca portugués, tomou a cidade. No mesmo ano foi tomada tamén [[Lisboa]]. Ambos casos foron etapas cruciais no desenvolvemento da Reconquista portuguesa.
 
Posteriormente, Santarém tornouse nunha cidade visitada con frecuencia polos reis portugueses, sendo a miúdo sede das reunións das Cortes. O rei [[Fernando I de Portugal|Fernando I]] foi moi amante desta cidade, facéndose sepultar nela, no convento de San Francisco (porén a súa tumba está hoxe no [[Convento do Carmo (Lisboa)|convento do Carmo]], en Lisboa). A cidade foi así unha das máis importantes de Portugal da [[Idade Media]], como testemuñan os seus monumentos, especialmente [[mosteiro]]s, e o pazo real (actualmente desaparecido), Como o estilo predominante foi o [[arquitectura gótica|gótico]], Santarém é denominada a "Capital do Gótico portugués".
 
No século XV planificouse no pazo real a conquista de [[Ceuta]], acontecida en [[1415]]. Importantes personalidades da [[Era dos Descubrimentos]] eran naturais de Santarém, como [[Pedro de Meneses]], primeiro gobernador de Ceuta, enterrado na igrexa da Graça. No mesmo templo está sepultado [[Pedro Álvares Cabral]], descubridor do [[Brasil]] en [[1500]].