Antón Santamarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
 
== Traxectoria profesional ==
Estudou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, graduándose en [[1967]] coa memoria de licenciatura ''Vocabulario del Valle del Suarna'' e doutorándose en [[1973]] coa tese doutoral ''El habla del valle de Suarna'', sobre os dialectos orientais do galego e en concreto da lingua falada en [[NaviaSan Martín de Suarna, A Fonsagrada|San Martín de Suarna]], tese dirixida polo profesor [[Constantino García]].
 
Profesor adxunto interino desde [[1967]]<ref>VV.AA. ''Cada palabra pesaba, cada palabra medía: homenaxe a Antón Santamarina''. USC, 2008, páxina 20</ref>, compaxinou o cargo de profesor da Universidade de Santiago, por oposición desde [[1975]], co de secretario do [[Instituto da Lingua Galega]] entre [[1971]] e [[1991]]. En [[1991]] foi elixido polo consello científico director do Instituto da Lingua Galega, deixando este cargo no [[2005]].