Cantiga de amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Protexeu "Cantiga de amor": Vandalismo excesivo ([Editar=Permitir só aos usuarios autoconfirmados] (remata o 4 de xaneiro de 2017 ás 08:02 (UTC)) [Mover=Permitir só aos usuarios autoconfirmados] (remata o 4 de xaneiro de 2017 ás 08:02 (UTC)))
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Occitania blanck map.PNG|miniatura|220px|A «''cançó''», orixinaria da Occitania, influíu na '''cantiga de amor'''.]]
Segundo a ''Arte de Trobar'', as cantigas de amor caracterizábanse por seren movidas a razón del (é dicir, desde unha perspectiva masculina), en contraposición ás [[cantigas de amigo]] que eran movidas a razón dela. Dito doutro xeito, as '''cantigas de amor''' son poemas nos que o poeta se dirixe en primeira persoa á súa dama, a ''senhor''/''sennor'', tamén a [[Deus]] ou ao mesmo [[amor]]; ou reflexiona sobre el ou sobre a amada. O tema é, igual que nas cantigas de amigo, o sentimento amoroso, pero neste caso o protagonista é un home.
 
== Orixes da cantiga de amor ==
[[ficheiro:William IX of Aquitaine - BN MS fr 12473.jpg|135px|miniatura|[[Guillermo de Poitiers|Guillerme de Poitiers]], o primeiro [[trobador]] provenzal.]]
Segundo unha parte da crítica, as cantigas de amor [[Galego-portugués|galego-portuguesas]] xorden por imitación da poesía [[trobadorismo|trobadoresca]] provenzal dos séculos [[Século XII|XII]] e [[Século XIV|XIV]], mais contan con adaptacións ao contexto galego-portugués e maila a época en que foron hola escritas (xa que a «''cançó''» provenzal é máis antiga que cantiga de amor galego-portuguesa), polo que non se trata dunha «mala copia» da lírica occitana (como se tendeu a afirmar durante anos).
 
Porén, desde a óptica actual —e segundo estudosos da literatura medieval como [[Yara Frateschi Vieira]], [[Giuseppe Tavani]] ou [[Xosé Ramón Pena]]— enténdese que a cantiga de amor resulta ser unha forma tan xenuinamente galego-portuguesa como a cantiga de amigo; en realidade, non se trata dunha simple adaptación do lirismo occitano, senón, polo contrario, do resultado do encontro entre unha creación autóctona e os xeitos que chegaron desde alén dos [[Pireneos]]. O corpus galego-portugués conta con 725 textos deste xénero.