Hidrato de gas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Os hidratos clatratos foron documentados por primeira vez en 1810 por Sir [[Humphry Davy]], que atopou que a auga era un compoñente primario do que se pensaba inicialmente que era cloro solidificado.<ref>{{cite book |url=http://books.google.ca/books?id=AUwNAAAAYAAJ&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false |title=On Hydrate of Chlorine |accessdate=20 March 2014 |date=November 2004 |author=Michael Faraday |publisher=Quarterly Journal of Science }}</ref><ref>{{cite web |url=http://ethomas.web.wesleyan.edu/ees123/clathrate.htm |title=Clathrates: little known components of the global carbon cycle |accessdate=13 December 2007 |date=November 2004 |author=Ellen Thomas |publisher=Wesleyan University }}</ref>
 
Os [[clatrato]]s aparecen na natureza en grandes cantidades. Estímase que nos depósitos de clatratos de metano do fondo oceánico profundo están atrapadas unhas 6,4×10<sup>12</sup> toneladas de [[metano]].<ref>{{Cita publicación periódica | first = B. | last = Buffett | first2 = D. | last2 = Archer | title = Global inventory of methane clathrate: sensitivity to changes in the deep ocean | year = 2004 | pages = 185–199 | journal = Earth Planet. Sci. Lett. |doi=10.1016/j.epsl.2004.09.005 | bibcode=2004E%26PSL.227..185B}}</ref> Ditos depósitos poden atoparse por exemplo na [[plataforma continental norueguesa]]. Os clatratos tamén abundan no [[permafrost]], como por exemplo no delta do [[río Mackenzie]] no noroeste do Ártico canadense. Estes hidratos de gas natural considéranse unha vasta reserva de fontes de enerxía, pero polo momento non existen métodos de extracción rendibles. Os clatratos de hidrocarburos causan problemas á industria do [[petróleo]], porque poden formarse no interior dos [[oleoduto]]s, o que pode chegar a entupir o conduto. Propúxose que realizar o depósito no océano profundo de [[clatraro de dióxido de carbono]] sería un bo método para eliminar este [[gas de efecto invernadoiro]] da atmosfera para así controlar o [[cambio climático]].
 
Pénsase que os clatratos aparecen en grandes cantidades nalgúns [[planeta]]s exteriores, [[satélite natural|satélites naturais]] e [[obxecto transneptuniano|obxectos transneptunianos]], e atrapan gas a temperaturas bastante altas.