Valentín Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 46:
En [[1917]] comezou os estudos de [[Dereito]], na [[Universidade de Santiago de Compostela]], que rematou en 1921.<ref name=culturagalega/> Neste tempo comezou tamén a colaborar co diario santiagués ''[[Gaceta de Galicia]]''. Simultaneamente foi xefe de redacción do semanario ''[[La Provincia (Pontevedra)|La Provincia]]'' de Pontevedra (1917-1922).
 
Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista, da man de Castelao, e participaparticipou como orador na [[II Asemblea Nacionalista]] ([[1919]]) de Santiago de Compostela. [[Ramón Piñeiro]] conta que Castelao tivo que organizar un mitin público no que participaran estudantes da Universidade, para o que escolleu a Paz-Andrade. A consideración que lle tiña Castelao pode reflectirse no alcume de ''o Mozo'' co que se refería a el nos faladoiros do Café Moderno (en Pontevedra), que mudou co paso do tempo a ''o Berbiquí'', pola súa teimosía, e a ''o Inmortal'', tras sobrevivir á Guerra de África e aos atentados de Vigo<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/11/26/0003_7344672.htm ''Bombas con olor a peixe''], artigo en [[La Voz de Galicia]] {{es}}.</ref> e de Verín.<ref>[[Xosé Filgueira Valverde]]: "Valentín Paz Andrade na cultura galega", en ''Homenaje a Valentín Paz Andrade''.</ref>
 
Durante esa época tamén crea e preside o primeiro grupo galeguista estudantil en Santiago, o Grupo Galeguista Galego de Estudiantes. Anos despois presidiría en Vigo o [[Grupo Autonomista Galego|Grupo Autonomista Gallego]] (1930) e militaría no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], participando activamente na súa fundación en decembro de 1931.