Aeroporto de Fuerteventura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?nounTitle=vixilante&homonymNumber=
Liña 51:
O crecemento da poboación da illa e a localización das instalacións levan á procura dun novo emprazamento para o aeroporto insular que finalmente se sitúa en [[El Matorral]], que sería inaugurado en [[1969]]. Un [[Fokker F27]] facendo o traxecto das [[As Palmas de Gran Canaria|Palmas de Gran Canaria]] a [[Fuerteventura]] e con destino a [[Lanzarote]] foi o primeiro avión que tomou terra nas novas instalacións aeroportuarias da illa.
 
En [[1973]] comezaron os voos internacionais desde Fuerteventura, voos que irían incrementándose ano a ano, ata que en [[1992]] fíxose necesaria unha total remodelación das instalacións. Cara a 1994 comezáronse as obras de ampliación que incluían unha nova terminal de pasaxeiros, a ampliación da plataforma de aeronaves, unha [[central eléctrica]] e a nova estrada de acceso. Cara ao ano 2001, a antiga terminal do Aeroporto de Fuerteventura, hoxe derrubada, fíxose tristemente famosa por converterse nun centro para inmigrantes. O estado das instalacións, os medios para vixialas, a masificación, a incomunicación co exterior e as condicións de salubridade en que se atopaban as persoas alí confinadas e os seus vixiantesvixilantes, provocaron as protestas dos máis diversos colectivos. [[Human Rights Watch]] chegou a dicir que as nefastas condicións de detención adquiriran proporcións de urxencia.
 
A actual terminal de pasaxeiros conta con 66 mostradores de facturación numerados do 1 ao 66 (dous deles, dedicados a equipaxes especiais: táboas de windsurf, coches para bebés, gaiolas para animais...) e 24 portas de embarque, todas elas con instalacións para o control de pasaportes. A terminal conta con 12 [[pasarela de acceso a aeronaves]] (ou ''fingers''), un por cada dúas portas. Na zona de chegadas hai instaladas 14 cintas de entrega de equipaxes, dedicándose a número 14 e 1 ás equipaxes especiais. Segundo a web oficial de [[Aena]], as instalacións en funcionamento son capaces de atender a uns cinco millóns de pasaxeiros (chegadas/saídas) ao ano. Actualmente estase finalizando o plan director que contemplaba a ampliación de gran parte das instalacións aeroportuarias. Entre estas ampliacións atópanse xa realizadas a da pista, a instalación dunha depuradora de auga e unha nova terminal de carga do mesmo xeito que a nova terminal de pasaxeiros e a nova [[torre de control]]. Quedan pendentes de inaugurar as portas de embarque 1 a 6 e a zona comercial, na terminal de saídas do mesmo xeito que a sala VIP.