Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Macedonia: arranxiño
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2421351
Liña 186:
 
=== Primeira fase da loita pola hexemonía continental ===
Os intentos dos Estados por se desligar da Confederación eran continuos, e tocoulle a súa vez á illa de [[Thasos]]. Ameazada por Atenas, fixo unha alianza con Esparta. Esta dispúxose a atacar Atenas, pero un terremoto esnaquizou a capital da [[Lacedemonia]], o que aproveitaron os atenienses para poñer asedio a Thasos, que caeu o ano seguinte. A Confederación procuraba a Atenas cuantiosos ingresos procedentes das obrigadas contribucións dos adheridos, e aprestouse a estender a súa hexemonía polo continente, alentando os movementos democráticos. Os xefes do partido que apoiaban esta política eran [[Efialtes]] e [[Pericles]], que fixeron o posible para desprazar a Cimón, representante da oligarquía. Mentres Cimón e destacados representantes do partido oligárquico se atopaban ausentes, os demócratas fixeron presión para facer reformas constitucionais que limitaran o poder do ''[[Areópago]]'', o alto organismo que entendía dos asuntos orzamentarios, daba o visto boe prace para incorporar altos funcionarios e xulgaba os casos de corrupción e traizón. Todos estes poderes foron transferidos á Asemblea dos Cincocentos, os tribunais ordinarios e a Asemblea Popular. Cando Cimón volveu, intentou se opoñer a estas reformas, pero foi condenado ao [[ostracismo]].
 
Inmediatamente, Atenas denunciou o espírito da [[Liga de Corinto]], e comezou a construír unha trama de alianzas continentais. As primeiras foron [[Argos, Grecia|Argos]] e [[Tesalia]]. Os ilotas espartanos, que se rebelaran cando o terremoto da Lacedemonia e conquistaran de Esparta que se lles deixase emigrar libremente, chegaron a un acordo con Atenas, quen lles ofreceu terras nas costas do golfo de Corinto e converteunos deste xeito en afectos á súa causa. [[Mégara]] adheriuse tamén, co que Atenas xa tivo a zona do istmo e un bo acceso para entrar no Peloponeso. Non deixou de empregar as súas enerxías en apoiar os exipcios en contra dos persas, en intervir na costa fenicia para debilitar a causa destes rivais comerciais,etc,.. Mergúllase agora nunha serie de alianzas para debilitar a Esparta e esta noutras alianzas que lle permitan intervir na Grecia Central e non quedar illada.