Macrino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2421351
Liña 7:
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano [[217]] acompañou a este ao [[Oriente]], onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo ''Diadumediano''. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai '''Xulia Donna''', dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.
 
O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño '''Heliogabalo,''' e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto boe prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.
 
Mentres tanto en Oriente, a loita contra os [[partos]] non ían ben. Despois da batalla de [[Nisibis]], onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a [[Partia]]. Esa cantidade foi descontada da soldada do exercito, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do [[218]] prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e [[Heliogábalo]], onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o [[Bósforo]] e morto en xullo do [[218]]. O seu fillo [[Diadumediano]] tentaba de se achegar deica Partia, pero foi detido en [[Siria]], onde morreu pouco despois. O recoñecemento total de Heliogabalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.