Garriga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Etimoloxía e características==
O termo ''garriga'' ven da raíz preindoeuropea *kar, *gar, *kal, *gal, que significa « pedra » ou « rocha » ; por extensión « abrigo de pedra, casa, fortaleza, aldea » ; orixinando ''guarric'' en [[celta]]; ''garric'' en [[lingua occitana|occitano]], « árbore de rocha », termo que nomea un tipo de [[carrasco (planta)|carrasco]]; catalán ''garriga''; italiano ''gariga''. As palabras, topónimos ou usuais en Francia, [[Gard]], [[Carcasona]], [[karst]], [[calanque]], [[chalet]], [[clapier]], [[crau]], [[grave]], [[garoupe]] derivan desas raíces.
 
A ''garriga'' é unha formación vexetal baixa, máis ou menos difícil de penetrar, constituída principalmente de [[arbustos]] resistentes á sequidade, formando monte baixo espiñoso. Esta formación é o resultado da degradación do bosque de ''[[Quercus]]'' (''Quercus pubescens'', ''Quercus ilex''), provocada por cabras e ovellas, a acción antrópica e o lume, actuando desde hai máis de 5000 anos.
Liña 9:
A ''garriga'' é a terreo calcario o que o [[maquis (botánica)|maquis]] aos terreos silíceos. Pode ser confundida doadamente co maquis baixo, mais difiren sensibelmente polo composición florística, mesmo polos distintos tons de verdes, que na ''garriga'' tende ao gris.
 
Algunhas formación da ''garriga'' poden mostrar un aspecto agradábel nalgúns períodos anuais, como nos momentos da floración dalgunhas especies, se o seu grao de cubrición do terreo é significativo. Nestes casos pode adquirir tons azuis-violáceos en formacións ricas en [[romeu]], e violáceo se predomina a [[cantroxo]] (''Lavandula stoechas''), amarelo se abonda en [[Helicriso]], en arbustos de [[xesta]] (Genista sp) e [[Calycotomae]]. Mais grande parte do ano semella desolada, sobre todo se ocupa grandes superficies. Outra característica típica da garriga é o intenso perfume que emana das inúmeras especies aromáticas que a compoñen, especialmente, a parte das citadas, plantas das familias das [[Labiatae]] e das [[Asteraceae]]. A vexetación herbácea está sobre todo representada por plantas anuais, moitas espiñosas, sen que falten as perennes, como plantas bulbosas.
 
==Historia==