San Diego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2421104
Liña 46:
 
== Historia ==
A área orixinalmente foi habitada polo pobo indíxena Kumeyaay, que hoxe en día mantén unha presenza no Condado. Non foi ata [[1542]] cando se deu o descubrimento [[Europa|europeo]] coa chegada dunha expedición liderada por [[Juan Rodrígues Cabrillo]], mariño portugués baixo a bandeira española. Orixinalmente este púxolle o nome San Miguel. A baía de San Diego e a área da cidade moderna recibiron o seu nome de [[Sebastián Vizcaíno]], o cal cartografaba a [[Alta California]] para [[España]] en [[1602]]. Os exploradores acamparon preto dunha aldea india que se chamou "Nipaguay" e tiveron unha misa en honra a San Diego de Alcalá. Por ese entón California formaba parte do virreinatovicerreinado da [[Nova España]].
 
En [[1769]], [[Gaspar de Portolá]] e a súa expedición fundaron un [[presidio]], e o domingo [[16 de xullo]], os frades [[franciscano]]s [[Frei Junípero Serra]], Juan Vizcaíno e Fernando Parrón alzaron e bendixeron unha cruz, establecendo así a primeira misión na Alta California, a [[Misión de San Diego de Alcalá]]. Os colonos empezaron a chegar no ano [[1774]], pero os indios nativos da zona rebeláronse ao ano seguinte. Mataron ao misioneiro e a outras dúas persoas, e queimaron a misión. [[Frei Junípero Serra]] organizou a reconstrución, e dous anos despois, empezouse a construír un edificio de [[adobe (construción)|adobe]]. Para o [[1797]] a misión era a maior de [[California]], con máis de 1400 indios encomendados. O asentamento foi gañando en prosperidade salvo incidentes menores como o envelenamento de [[José Pedro Panto|Frei Pedro Panto]] en 1812 por parte do seu cociñeiro indio Nazario.