Banda Oriental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño corrector
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=2421104
Liña 13:
Ao concluír a [[Guerra dos Sete Anos]], os límites cos territorios ocupados polos lusobrasileiros flutúan case constantemente. En liñas xerais o límite da Banda Oriental nesa época é ao noroeste o [[río Piratiny]] ata a súa desembocadura no Atlántico e ao norte a [[coitela de Santa Ana]] (non como aparece na cartografía do s XX e inicios de s XXI, senón como a liña de altos cumes que fan parte do ''divortium aquarum'' entre a [[Cuenca do Prata]] e as concas directamente afluentes ao Océano Atlántico). Deste xeito, o [[Forte de Santa Tecla]], poucos quilómetros ao noroeste da actual cidade de [[Bagé]] (chamada polos españois, arxentinos e uruguaios no s XIX : Vales), practicamente nas nacentes do [[río Negro (Uruguai)|río Negro]], era un dos límites precisos da Banda Oriental. Logo, ao norte, xa integrada A Banda Oriental no [[Vicerreinado do Río da Prata]], a liña fronteiriza coas posesións portuguesas do Brasil seguía polo mencionado ''divortium aquarum'', de modo que a metade occidental do actual estado de [[Rio Grande do Sul]] era parte da Banda Oriental ou da [[provincia de Misiones]], sendo algunhas das fortificadas poboacións fronteirizas en devandita rexión: [[São Gabriel, Río Grande do Sur|Batovy]], [[Santa Maria, Río Grande do Sur|Santa María]], [[Cruz Alta, Río Grande do Sur|Cruz Alta]] e a [[Garda de San Martín]].
 
=== Límites durante o VirreinatoVicerreinado do Río da Prata ===
Dentro do [[Vicerreinado do Río da Prata]] os límites setentrionais da Banda Oriental tamén variaban segundo as circunstancias: en certo momento o río Negro era o límite sur da provincia militarizada das Misións, aínda que no fáctico o goberno de [[Montevideo]] -e da Banda Oriental- estendíase ata a valgada ou ''[[talweg]]'' do [[río Ibicuy]] e o seu curso alto, chamado río Santa María. Ao norte deste límite atopábanse as [[Misiónes Orientales]] chamadas tamén ''Os Sete Pobos'', ''As Once Estancias'' ou [[El Tapé]].