Joseph Conrad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Foi fillo dun aristócrata, de quen herdaría o seu amor pola literatura. Seu pai, de ideoloxía nacionalista e liberal, sería arrestado en [[Varsovia]] polo seu apoio á insurrección polaca de [[1863]] e condenado a traballos forzados en [[Siberia]] polas autoridades [[Rusia|rusas]]. Morta a súa nai de tuberculose en [[1865]] e o seu pai en [[1869]], un tío materno de Cracovia encargarase do pequeno Conrad ata que en [[1874]] viaxe a [[Marsella]] onde se embarcará como mariñeiro.
 
Ata [[1878]] navegará en mercantes franceses por Sudamérica, India, Arquipélago Malaio, África, Australia e Inglaterra, onde finalmente ingresará na Mariña Real, da que chegará a ser capitán. Adoptou a nacionalidade británica en 1886, mudando o seu nome polaco polo máis simple de Joseph Conrad.
 
Logo dunha tentativa de suicido fanado por unha historia de amor, e de servir durante dezaseis anos na mariña mercante británica, abandonará a súa vida de mariño e comezará a escribir. Viviu por temporadas en [[Londres]], en Lowestoft, en [[Suffolk]] e Bishopsbourne, preto de [[Canterbury]]. Coñeceu e mantivo relacións de amizade con John Galsworthy, [[Rudyard Kipling]], [[Henry James]], [[Bernard Shaw]] e [[Bertrand Russell]].
Liña 70:
* [http://www.literaryhistory.com/20thC/Conrad.htm Páxina de Conrad no Literary Journal.com] Artigos de investigación sobre a obra de Conrad.
 
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:Conrad, Joseph}}
 
{{ORDENAR:Conrad, Joseph}}
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores de Inglaterra]]