Hesiquio de Alexandría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Hesychius OP.jpg|miniatura|300px|Comezo da letra [[π]] ([[pi (letra)|pi]]), do Γλῶσσαι (''Léxico'') de Hesiquio. Detalle de ''Marc. Gr. 622''.]]
'''Hesiquio de [[Alexandría]]''' (en [[lingua grega|grego]]: ῾Ησύχιος ὁ Ἀλεξανδρεύς, [[Transliteración|transl.]] ''Hēsýkhios ho Aleksandréus'', en [[lingua latina|latín]] ''Hesychius Alexandrinus'') foi un [[gramática|gramático]] e [[lexicografía|lexicógrafo]] [[Alexandría|alexandrino]] (probabelmente do [[século V]]) que recompilou o mellor [[dicionario]] de palabras gregas inusuais e escuras que se conservou até os nosos días, nun único manuscrito do século XV.
 
== Traxectoria ==
Non se coñece nada da súa vida, e sabemos o seu nome só pola dedicatoria epistolar da súa obra, titulada Συναγωγή Πασών Λέξεων κατά Στοιχείον (que podemos traducir como ''Colección alfabética de todas as palabras''), ou ''[[Léxico]]'' (grego antigo Γλῶσσαι, transl. ''Glỗssai''): "de parte de Hesiquio de Alexandría, gramático, para o seu amigo Euloxio".
 
A obra inclúe aproximadamente 15.000 entradas, unha copiosa lista de palabras, formas e frases peculiares, cunha explicación do seu significado, e moitas veces cunha referencia ao autor que as usou ou á zona de [[Grecia Antiga|Grecia]] onde foron correntes, e sobre asuntos variados, desde [[Homero]] até cómicos, tráxicos, poetas, oradores e tamén médicos e historiadores.
 
Polo tanto, o libro é de gran valor para os estudosos dos dialectos gregos, especialmente na restauración dos textos de autores clásicos en xeral, e especialmente de escritores tales como [[Esquilo]] e [[Teócrito]], que usaban moitas palabras inusuais.
 
Hesiquio non é só importante para a filoloxía grega senón tamén para o estudo de linguas mortas (como o [[lingua tracia|tracio]] e o [[lingua macedonia antiga]]) e a reconstrución do [[lingua protoindoeuropea|protoindoeuropeo]].
 
As explicacións de Hesiquio para moitos epítetos e frases revelan tamén moitos datos importantes sobre a relixión e a vida social dos homes da Antigüidade.
Liña 30:
===Ligazóns externas===
* [http://www.csad.ox.ac.uk/CSAD/Hesychius/Hansen.html Continuación da edición]: [http://books.google.com/books?id=iIsGTizqAvsC Vol. III (pi a sigma)], [http://books.google.com/books?id=hylHHyFb6CkC Vol. IV (tau a omega)] {{en}}.
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Período helenístico]]