Capitán Haddock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
O '''Capitán Archibaldo Haddock''', máis coñecido como '''Capitán Haddock''' (en [[lingua francesa|francés]] '''Capitaine Haddock''') é un personaxe ficticio creado por [[Hergé]] na súa serie ''[[As aventuras de Tintín]]'', recoñecido por ser o mellor amigo de [[Tintín (personaxe)|Tintín]]. Introducido en [[O caranguexo das tenaces de ouro]] como un personaxe secundario, o mariño transfórmase nas seguintes aventuras nunha das figuras principais da serie.
 
== Caracterización ==
[[Ficheiro:Cheverny.jpg|miniatura|esquerda|180px|O "château de Cheverny" inspiración do [[Moulinsart]] propiedade do Capitán Haddock]]
Tras a súa aparición inicial, Haddock vai gañando protagonismo ao longo dos álbums, chegando ao momento de eclipsar ao mesmo Tintín por momentos.
 
[[Hergé]] declarou que o personaxe foille inspirado por [[Edgar Pierre Jacobs]], aínda que o capitán foi creado antes de que estes dous homes coñecésense. En efecto, a riqueza de trazos deste personaxe pode compararse aos de figuras propias das novelas: unha das súas características é actuar como contrapunto de Tintín, nos momentos en que este se volve "demasiado idealista".
 
Como curiosidade, os lectores non coñeceron o nome de pila do personaxe senón ata o último álbum que Hergé completou, ''[[Tintín e os pícaros]]''; aquí preséntase ao capitán como Archibaldo (Archibald na versión orixinal). O apelido do mariño xurdiu nunha conversación que o autor mantivo coa súa esposa, na cal ela mencionou que o ''haddock'' "era un triste peixe inglés".
 
O capitán é descendente doutro famoso home de mar, o cabaleiro [[Francisco de Hadoque|Francisco (François) de Hadoque]], mariño ao servizo do rei de [[Francia]] e gran inimigo do [[pirata]] [[Rackham o Vermello]]. Haddock adoita presentar unha vocación de cabaleiro-granxeiro continuamente contrariada, sobre todo logo do seu establecemento no castelo de [[Moulinsart]] (traducido como castelo do Muíño nalgúns álbums). En efecto, un [[whisky]] e unha boa pipa preto da cheminea parecen representar os seus ideais de vida máis profundos.
 
Idealista e de sólidas conviccións monárquicas, representa o arquetipo de cabaleiro do mar.
 
Outra das características deste personaxe é o seu gusto polo [[alcol]], aínda que aquí hai que diferenciar dúas etapas da súa vida claramente distintas: antes do seu encontro con Tintín, o mariño era un borracho digno de mágoa, maltratado polo seu lugartenente [[Allan Thompson]]. Logo de coñecer ao reporteiro, as cousas cambian (aínda que non en forma inmediata) para o capitán, aínda que este non vaia estar sempre á altura do seu título de Presidente da Liga de Mariños Antialcohólicos.
 
Con todo, é a súa linguaxe o que fixo famoso a este personaxe, sobre todo as exclamacións que lanza nos seus momentos de ira: "[[troglodita]]", "[[ectoplasma]]", "[[parasito]]", "Pirata de entroido" son só algúns exemplos.
 
{{As aventuras de Tintín}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personaxes de Tintín]]