Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Apaciguar > pacificar ou calmar.
Liña 9:
Creado ao principio do século XVIII polo italiano [[Bartolomeo Cristofori]] en Florencia (Italia), sobre o nome «piano-forte», o piano nace da evolución dun instrumento chamado ''[[clavicordio]]'' (século XV) e do ''timpanon'' (Idade Media).
 
A data de fabricación do primeiro piano forte por Bartolomeo Cristofori é incerta, pero un inventario realizado polos mecenas de Cristofori, a familia [[Medici|Medicis]]s, indica a existencia dun instrumento de Cristofori en 1700. Cristofori non tería construído máis que unha vintena de piano-fortes antes da súa morte en 1731. Non quedan máis que tres hoxe en día, que datan dos anos 1720. O máis antigo dos mesmos atópase no Museo Metropolitano de Arte de Nova York.
 
Como instrumento de corda con teclado, o piano é semellante ao clavicordio, dende o punto de vista organolóxico, e ao clavecín, en termos estético-musicais. Estes tres instrumentos diferéncianse nos seus mecanismos de produción do son. Nun clavecín, as cordas son pulsadas por plectros. Nun clavicordio, as cordas son percutidas por pequenas púas de metal (tanxentes) que continúan en contacto coa corda ata que se deixa de premer a tecla. Nun piano, as teclas son percutidas por mazos, que rebotan inmediatamente deixando á corda vibrar libremente.