Abrir o menú principal

Cambios

Tras os malos resultados do PSOE nas eleccións europeas de 2014, Pérez Rubalcaba anunciou a súa dimisión e proclamáronse tres candidatos: [[Pedro Sánchez]], [[Eduardo Madina]] e [[José Antonio Pérez Tapias]].
 
=== Liderado de Pedro Sánchez (2014-2016) ===
Nas eleccións primarias do partido celebradas o [[13 de xullo]] de [[2014]], [[Pedro Sánchez]] obtivo un 49 % dos votos, fronte a un 36 % de Madina e un 15 % de Pérez Tapias, converténdose no novo secretario xeral. Afronta o reto de recuperar a unidade do partido e a confianza dos antigos votantes do PSOE, un 25 % dos cales segundo unha enquisa do [[Centro de Investigacións Sociolóxicas|CIS]] de outubro de 2014 decantaríase por un novo partido, [[Podemos]]. A partir de novembro de 2014, o PSOE optou, en cambio, pola estratexia de deixar de chamarlles populistas para presentarlles en cambio como situados na extrema esquerda, tentando conservar así a hexemonía do centro esquerda.