Diferenzas entre revisións de «Parede celular»

sen resumo de edición
m (→‎Notas: listaref)
A parede celular vexetal ten tres partes fundamentais:
* '''Parede primaria'''. Está presente en todas as células vexetais, usualmente mide entre 100 e 200 [[nanómetro|nm]] de grosor e é o resultado da acumulación de 3 ou 4 capas sucesivas de microfibrilas de [[celulosa]]. Está composta entre un 9 e un 25% de celulosa. A parede primaria créase nas células unha vez que está a terminar a súa división, xerándose o [[fragmoplasto]] que separaráásseparará as dúas células fillas, qoo cal orixinará a parede divisoria entre ambas. A parede primaria está adaptada ao crecemento celular, as microfibrilas esvaran entre elas producíndose unha separación lonxitudinal mentres o [[protoplasto]] da célula fai presión sobre elas.
* '''Parede secundaria'''. Cando existe, é a capa máis interna, pegada á [[membrana plasmática]], fórmase nalgunhas células unha vez que se detén o crecemento celular e relaciónase coa especialización de cada tipo celular. Pode constar de varias capas, en cada unha a orientación das microfibrilas é paralela, pero a orientación cambia dunha capa a outra. A diferenza da parede primaria, contén unha alta proporción de celulosa, e pouca matriz, e tamén pode ter [[lignina]] e [[suberina]]. Cando se desenvolve moito a parede secundaria a célula pode morrer, pero os tecidos formados son moi útiles ápara a planta.
* ''' Lámina media'''. É a zona que une as paredes primarias de dúas células contiguas; é de natureza principalmente péctica. É a primeira que se forma, pero acaba sendo a máis externa, xa que as outras capas se forman entre ela e a membrana plasmática.
 
Un segundo tipo de parede arqueana atopámolo en ''[[Methanosarcina]]'' e ''[[Halococcus]]''. Nestes xéneros a parede está composta enteiramente por unha capa de polisacáridos, os cales poden estar sulfatados no caso de ''Halococcus''.<ref name="Brock 1994" />.
 
Un terceiro tipo de parede arqueana consta de [[glicoproteína]]s, e aparece nas [[hipertermófilo|hipertermófilas]], ''[[Halobacterium]]'', e algunhasnalgunhas [[metanóxena]]s. En ''Halobacterium'', as [[proteína]]s da parede teñen un alto contido en aminoácidos con carácter ácido, o que lle dá á parede unha carga global negativa. A estrutura é estabilizada pola presenza de grandes cantidades do [[catión]] [[sodio]], que neutraliza a carga.<ref name="Brock 1994" /> Esa necesidade de sodio fai que ''Halobacterium'' só poida subsistir en condicións de alta salinidade.
 
Noutras arqueas, como ''[[Methanomicrobium]]'' e ''[[Desulfurococcus]]'', a parede parece estar composta só por unha capa superficial de proteínas,<ref name="Howland 2000">Howland, John L. (2000) ''The Surprising Archaea: Discovering Another Domain of Life'', pages 69-71. (Oxford: Oxford University Press). ISBN 0-19-511183-4.</ref> coñecida como ''capa S''. As capas S son tamén relativamente comúns en bacterias, nas cales pode ser o único compoñente da parede ou unha capa externa enriba da de polisacáridos. A maioría das arqueas son gramnegativas.<ref name="Howland 2000" />
10.315

edicións